Saltar ao contido

Luis Carrera Pásaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Carrera Pásaro
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata
Castro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 2014 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLino Carrera Falcón Editar o valor em Wikidata

Luis Carrera Pásaro, nado en Castro de Rei en 1949 e finado en Vigo o 8 de febreiro de 2014, foi un economista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Lino Carrera Falcón e Manuela Pásaro Trashorras.

Licenciado en Económicas na Universidade Complutense de Madrid e diplomado en Alta Dirección de Empresas pola Universidade de Navarra. En 1971 empezou a traballar para o Banco Hispano Americano, no que foi destinado a oficinas en Madrid, Barcelona e A Coruña. En 1979 pasou á Banca Mas, e en 1982 á Caja de Ahorros de Extremadura, onde xa acadou un posto de subdirector da compañía. En 1987 deu o salto á empresa pública, e converteuse en presidente da Sociedad para el Desarrollo Industrial de Extremadura (o equivalente estremeño de Sodiga), cargo que ocupou ata 1989. Nese ano pasou a ser director xeral de Caixa Ourense, posición que ocupou ininterrompidamente ata a fusión desta caixa de aforros coas outras caixas do sur de Galicia. Así, en 1999 foi director xeral adxunto do grupo formado por Caixavigo e Caixa Ourense, e a partir de 2000, da marca xa coñecida como Caixanova. En 2004 abandonou o posto logo de filtrarse a súa posible fichaxe por Caja España,[1] aínda que esta fichaxe nunca se chegou a producir. Posteriormente dedicouse á consultoría en temas bancarios.

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2009 anunciou o seu paso á política activa encabezando a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, se ben non era militante desa formación.[2] A comezos de febreiro, tan só un mes despois, foi apartado da carreira electoral logo de que se soubese que tiña débedas con Facenda.[3]

Finou no Hospital Meixoeiro de Vigo o 8 de febreiro de 2014, logo se sufir un infarto.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Gloria Corral Freire.