Lucien Muller
Muller | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Lucien Muller | ||
Nacemento | 3 de setembro de 1934 | ||
Lugar de nacemento | Bischwiller | ||
Altura | 175 centímetros | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1953–1957 | Strasbourg | 79 | (17) |
1957–1959 | Toulouse | 69 | (19) |
1959–1962 | Stade de Reims | 107 | (19) |
1962–1965 | Real Madrid | 77 | (2) |
1965–1968 | Barcelona | 68 | (3) |
1968–1970 | Stade de Reims | 36 | (5) |
Total | 436 | (65) | |
Selección nacional | |||
1959–1964 | Francia | 16 | (3) |
Adestrador | |||
1970–1974 | Castellón | ||
1975–1976 | Burgos | ||
1976–1977 | Zaragoza | ||
1977–1978 | Burgos | ||
1978–1979 | Barcelona | ||
1979–1981 | Burgos | ||
1981–1983 | Mallorca | ||
1983–1986 | Monaco | ||
1987–1988 | Mallorca | ||
1991 | Castellón | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Lucien Muller-Schmidt, nado en Bischwiller, Baixo Rin, o 3 de setembro de 1934, é un exfutbolista e exadestrador francés. Xogaba como centrocampista e foi internacional coa selección francesa, formando parte do equipo francés no Mundial de 1966.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar ao fútbol na súa Alsacia natal, e logo destacou no Stade de Reims, co que se coroou dúas veces campión de Francia. En 1962 fichou polo Real Madrid,[1] co que gañou tres ligas e xogou a final da Copa de Europa de 1964, perdendo contra o Inter de Milán de Helenio Herrera.[2] En 1965 pasou ao FC Barcelona, onde a pesar de ser anunciado como o sucesor de Raymond Kopa, as súas actuacións non foron as esperadas. Pechou a súa carreira cunha segunda etapa no Reims.
Selección francesa[editar | editar a fonte]
Internacional coa selección francesa en 16 ocasións, disputou a Eurocopa de 1960 e foi parte do conxunto francés que participou no Mundial de 1966, aínda que non chegou a debutar no torneo.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Trala súa retirada foi adestrador durante dúas décadas, case sempre en equipos españois. Dirixiu o Castellón, o Burgos, o Zaragoza e o Mallorca, e na tempada 1978/79 o FC Barcelona, co que chegou á final da Recopa de Europa, aínda que foi substituído por Joaquim Rifé antes do encontro final.
Fóra de España adestrou o AS Monaco durante tres anos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Se asegura en Francia: Di Stéfano recomendó que el Real Madrid contratase a Muller". El Progreso (en castelán) (17096). 21 de xullo de 1962. p. 6. Consultado o 29 de abril de 2022.
- ↑ "Inter - Real Madrid 1964". UEFA (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador na Federación Francesa de Fútbol (en francés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012.
- Nados no departamento do Baixo Rin
- Nados en 1934
- Franceses de ascendencia alemá
- Futbolistas de Francia
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do RC Strasbourg
- Xogadores do Toulouse FC
- Xogadores do Stade de Reims
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores da selección de fútbol de Francia
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 1960
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966
- Adestradores de fútbol de Francia
- Adestradores do CD Castellón
- Adestradores do Real Zaragoza
- Adestradores do FC Barcelona
- Adestradores do AS Monaco FC
- Adestradores do RCD Mallorca