Lucidio Vimaraniz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 840 Guimarães |
Morte | c. 922 (81/82 anos) |
2º Conde de Portucale | |
873 – 922 ← Vímara Pérez – Hermenexildo Gundisalviz → Xunto con: Hermenexildo Gotérrez, Munio Goterrez | |
Tenente Lugo | |
Tenente São Tomé de Negrelos (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Asturias Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Gudilona Menendiz |
Fillos | Aloito Lucídiz |
Pai | Vímara Pérez |
Lucidio Vimaraniz, finado c.922, foi un nobre galego-portugués e o segundo conde de Portucale, dende 873 ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Á morte do seu pai Vímara Pérez, o rei Afonso III confírelle o goberno do condado. Case non se sabe nada sobre o goberno de Lucidio, o que quizais indique a súa escasa participación na loita contra os mouros, que nesta zona estaba sendo protagonizada por Hermenexildo Gotérrez.
Nun documento, chámaselle "señor dos colonos de Negrelos", sobre o que os historiadores conclúen que o conde continúa coa política colonizadora do seu pai.[Cómpre referencia]
Suponse que cara ao 895, Afonso III transfire o goberno do condado ao conde da recentemente conquistada Coímbra, Hermenexildo, quen capturara ao duque de Galicia rebelde Vitiza en 894. Hermenexildo gobernou Portucale ata polo menos o 7 de maio de 899, cando se emite a última carta asinada por el. Existe tamén a teoría de que o goberno do condado fose conxunto entre ámbolos condes.[1]
Lucídio gobernou como tenente de parte do territorio de Lugo no 910, e no 911 aparece como previsor en Dume. Lucídio era membro da corte e como tal confirmou varias cartas reais entre o 887 e o 917.[2]
Nunha carta de 927 firmada por Sancho I Ordóñez, Lucidio é mencionado como o antigo propietario de terras na diocese de Santiago de Compostela, pero non deixa claro se Lucidio xa estaba morto ou seguía vivo.[Cómpre referencia]
Familia
[editar | editar a fonte]Aínda que o seu parentesco non está confirmado tódolos historiadores coinciden en que, debido ao seu pratonímico pouco común, foi o fillo de Vímara Pérez.[1][2]
Casou con Gudilona Menendiz, aínda que o seu parentesco tampouco está confirmado o historiador António Fernandes Almeida cre que probablemente fose a filla de Hermenexildo Gotérrez e Hermesinda Gatóniz, pero José Mattoso puntualiza que non hai probas suficientes para sustentar esa relación. Os dous aparecen xuntos en 915 donando Fermoselhe á Catedral de Coímbra.[3][2][1] Foron pais de:
- Tedón Lucídiz.[2]
- Vermudo Lucídiz.[2]
- Aloito Lucídiz, esposo de Munia Díaz.[2]
- Rodrigo Lucídiz.[2]
- Sueiro Lucídiz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo: notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". Hispania: revista española de Historia. OCLC 682814356.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mattoso, José (1981). "As famílias condais portucalenses dos séculos X e XI". A nobreza medieval portuguesa, a família e o poder (Editorial Estampa). OCLC 8242615.
- ↑ Herculano, Alexandre (1868). "Portugaliae Monumenta Historica: Diplomata et chartae" 1. Academia de Ciencias de Lisboa. OCLC 504624362.
Lucidio Vimaraniz Nacemento: c.840 Falecemento: c.922
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Vimara Pérez
|
Conde de Portucale 873 – 895 ou c.922 |
Sucedido por Hermenexildo Gotérrez |