Hermenexildo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hermenexildo González
Nacementoséculo VIIIxuliano
Lugar de nacementoGalicia
Falecementoanos 950
NacionalidadeReino de León e Reino de Galicia
Ocupaciónmilitar
PaiGonzalo Afonso Betote
NaiTeresa Eris de Lugo
CónxuxeMuniadona Díaz
FillosGonzalo Menendiz
IrmánsAragonta González
Na rede
WikiTree: González-506
editar datos en Wikidata ]

Hermenexildo González, ou Hermenexildo Gundisalviz tamén coñecido como Mendo I Gonçalves ou Hermenexildo Gonçalves Betotes, nado cara 900 e finado o 24 de xullo de 950, conde de Deza, foi un aristócrata galego do reino de Galiza que gobernou o condado de Portugal. (m. c. 943-950). Foi o proxenitor dunha das liñaxes principais galaicoportugueses da Alta Idade Media.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Límites actuais da comarca do Deza na provincia de Pontevedra.

Os seus pais foron o conde de Deza Gonzalo Betotiz, ou Gonzalo Afonso Betote, e a condesa Tareixa Eriz, filla do conde Ero Fernández. Tivo varios irmáns, entre eles a raíña Aragonta, esposa do rei Ordoño II de León, así como o conde Paio González.[1][2]

Debeu falecer entre 943, ano en que aparece por última vez na documentación, e 950 cando a súa viúva e fillos reparten a súa herdanza.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou entre 915 e 920 coa condesa Mumadona Dias, filla do conde Diego Fernández (ou Diego Fredenandiz) e da condesa Onecca (Onega Garcés de Pamplona (850 -?) e bisneta de Vímara Perez, coa que tivo a Gonzalo Meendiz. En 926, o rei Ramiro II de León doou ao matrimonio a vila chamada Creixomil, próxima a Guimarães. Dous anos despois, a nai de Muniadona, Onecca, mencionando a todos os seus fillos, realizou unha doazón, confirmada por varios magnates, entre eles o seu xenro Hermenexildo, ao mosteiro de Lorvão en memoria domnissimi nostri nomini ueremudi diue memorie. Tiveron seis fillos:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Álvarez, Manuel Rubén (1960). «¿La Reina Velasquita, nieta de Muniadomna Díaz?» (en castelán). Revista de Guimarães (70): 197–230.
  • Salazar y Acha, Jaime de (1989). «Los descendientes del conde Ero Fernández, fundador de Monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares» (en castelán). El Museo de Pontevedra (43): 67–86. ISSN 0210-7791.
  • SÃO PAYO, Luiz de Mello Vaz de. A Herança Genética de D. Afonso Henriques. Porto, Universidade Moderna, 2002. p. 289.
  • Torres Sevilla y Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII (en castelán). Salamanca: Xunta de Castela e León. ISBN 84-7846-781-5.
Hermenexildo González
Nacemento:  ? Falecemento:  ?


Aristocracia galega
Precedido por
Lucidio Vimaranis


Conde de Portucale
926 – 950
Sucedido  por
Gonzalo Menendiz