Luís Carrera Pásaro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) Castro de Rei, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Luís Carrera Pásaro, nado en 1949 en Castro de Rei e finado en Vigo en 2014, foi un economista e político galego[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Económicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1971 empeza a traballar para o Banco Hispano Americano, co que é destinado a oficinas en Madrid, Barcelona e A Coruña. En 1979 pasa á Banca Mas, e en 1982 á Caja de Ahorros de Extremadura, onde xa acada un posto de subdirector da compañía. En 1987 dá o salto á empresa pública, e convértese en presidente da Sociedad para el Desarrollo Industrial de Extremadura (o equivalente estremeño de Sodiga), cargo que ocupará ata 1989.
Nese ano pasa a ser director xeral de Caixa Ourense, posición que ocupará ininterrompidamente ata a fusión desta caixa de aforros coas outras caixas do sur de Galicia. Así, en 1999 será director xeral adxunto do grupo formado por Caixavigo e Caixa Ourense, e a partir de 2000, da marca xa coñecida como Caixanova. En 2004 abandonou o posto logo de filtrarse a súa posible fichaxe por Caja España[2], aínda que esta fichaxe nunca se chegou a producir. Posteriormente dedicouse á consultoría en temas bancarios.
Partido Popular
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2009 anunciou o seu paso á política activa encabezando a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, se ben non era militante desa formación[3]. A comezos de febreiro, tan só un mes despois, foi apartado da carreira electoral logo de que se soubese que tiña débedas con Facenda[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Luis Carrera Pásaro, exdirector de Caixa Ourense". Faro de Vigo. 8/02/2014. Consultado o 16/04/2022.
- ↑ Luis Carrera abandona Caixanova un mes después de aspirar a dirigir Caja España, ABC, 2/1/2004
- ↑ Luis Carrera Pásaro: ‘En el PP me encandilaron con un proyecto ilusionante y riguroso, y dije que sí’ Arquivado 01 de outubro de 2009 en Wayback Machine., La Región, 17/1/2009
- ↑ Feijoo retira de la lista al número uno por Ourense por irregularidades con Hacienda Arquivado 09/02/2009, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 5/2/2009