Louise Smits

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Louise Smits, en 2009[1] chamado Valentin I, é un buque de cargo coñecido por enfrontarse ao palangreiro galego Xurelo na Foxa Atlántica.

O buque[editar | editar a fonte]

O Louise Smits foi construído en 1973 en Rotterdam, nos Países Baixos. Ten unha eslora de 84 m, 14 m de manga, 9 m de altura e un peso morto de 3786 toneladas[2]. A súa matrícula internacional é 7333896.

Bautizado orixinalmente como Tobias Lønborg, renomeouse Louise Smits en 1977[3]. En 1984 reduciu o seu nome a Louise, en 1992 rebautizouse como Tri Box, e finalmente como Valentin I (2002). Na actualidade ten bandeira panameña[4].

O incidente co Xurelo[editar | editar a fonte]

O 17 de setembro de 1981 o Louise Smits atopouse co Xurelo a unhas 300 millas ao noroeste de Fisterra. O palangreiro galego cunha tripulación de xornalistas e ecoloxistas e fretado polo partido Esquerda Galega, protestaba pola vertedura de residuos radioactivos por parte de buques neerlandeses, como o Kirsten Smits ou o Louise Smits, tamén na zona. En parte como consecuencia das fotografías tomadas polo Xurelo e a campaña internacional promovida por Greenpeace, en 1983 declarouse unha moratoria á vertedura de residuos nucleares na Foxa Atlántica, moratoria que cos anos acabou sendo permanente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]