Interlingüística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A interlingüística é unha rama da lingüística comparada que estuda como é posible a comunicación entre persoas que non falan a mesma lingua, moitas veces grazas a unha lingua construída como auxiliar ou a comparacións entre unha lingua e outra, aproveitando os universais lingüísticos, o posible semellanza xenética de linguas ou préstamos. Os principais estudos céntranse na descrición ou creación de linguas internacionais.

A interlingüística clasificou as linguas auxiliares para distinguilos dos pidgins e fenómenos similares. Por unha banda, distingue entre linguas internacionais xurdidas espontaneamente (ruso) ou planificadas (interlingue). Por outra banda, separa estas linguas segundo os medios de difusión preferentes, só oral, oral e escrito (esperanto), só escrito (como o chinés estándar), por signos ou mesmo musical (solresol).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

(eo) Vĕra Barandovská-Frank, (2020), Interlingvistiko. Enkonduko en la sciencon pri planlingvoj (PDF), 333 pp., Poznań, Univ. Adam Mickiewicz, ISBN 9788365483539

(en) Gobbo, Federico, 2020, Introduction to Interlinguistics, München: GRIN Publishing