Saltar ao contido

Lotus E20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lotus E20
Lotus
Información
PaísReino Unido Reino Unido
FabricanteLotus
Deseñador
Produción
PredecesorRenault R31
Sucesor
Longo5.038 mm
Largo1.800 mm
Alto950 mm
Peso640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto)
ChasisMonocasco de niño de abella en aluminio e material composto
Suspensión
MotorRenault RS27-2012, V8 (90º)
Potencia2398 cm³, 750 CV, limitado a 18000 RPM con KERS
TransmisiónDe sete velocidades semi-automática con marcha atrás. Sistema "Quickshift" para maximizar a velocidade de cambio de marchas.
TracciónPosterior
Freos
Prestacións
PneumáticosPirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[1]
Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13"
DebutGran Premio de Australia de 2012
PilotosFinlandia Kimi Räikkönen
Francia Romain Grosjean
Carreiras20
Gañadas1
Poles0
Voltas rápidas3
Camp. Cons.0
Camp. Pilt.0
* Lotus F1 Team official website

O Lotus E20 é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado e producido polo equipo Lotus F1 Team baseado en Enstone para a tempada 2012[2] O E20 será o vixésimo coche de Fórmula Un deseñado en Enstone desde 1992, e leva o nome en homenaxe á contribución da institución e o seu persoal nos seus vinte anos de historia. O coche tamén será o primeiro da fábrica de Enstone en levar o nome de Lotus, xa que o equipo deixou de utilizar o nome de Renault que cambiou polo de Lotus Renault GP ao final de 2011. O equipo seguirá usando motores Renault.[2] The team will continue to use Renault engines for the car.[3] O coche, que foi presentado polo equipo na súa páxina web o 5 de febreiro de 2012, será pilotado polo Campión do Mundo de Pilotos de 2007 Kimi Raikkonen e o campión da tempada 2011 das GP2 Series Romain Grosjean, ambos regresan á Fórmula Un logo dunha ausencia de dous anos..[4]

Informouse de que Lotus había (como Lotus Renault GP o ano pasado) desenvolto un sistema de suspensión reactiva - un dispositivo mecánico, deseñado para manter a altura da carrocería nas freadas - que esperaban utilizar no seu coche de 2012.[5] Unha decisión de última hora da FIA determinou que estes dispositivos contraveñen as disposicións, xa que poderían mellorar o rendemento aerodinámico dos coches, polo que o sistema non estará presente no novo coche.[6]

Os problemas na pretempada

O equipo viuse obrigado a retirarse da segunda proba de pretempda en Barcelona. Cando Romain Grosjean queixouse dunha "estraña" sensación no chasis durante a condución no primeiro test da mañá.[7] Grosjean estaba probando o chasis designado E20-02, logo de que o chasis E20-01 fora devolto ás instalacións do equipo en Enstone tras a finalización das probas en Xerez. Lotus preparou o chasis E20-01 para ser transportado a Barcelona para completar a proba, pero as simulacións revelaron que o problema tamén estaba presente no E20-01, polo que o equipo decidiu retirarse do resto da proba, con efecto inmediato.[8] O equipo non deu o diagnóstico oficial do problema, pero as especulacións nos medios de comunicación suxeriron que o problema estaba relacionado coa suspensión dianteira[9]. James Allison, director técnico do equipo, confirmou máis tarde que o equipo identificara o problema na montaxe da pinza frontal superior do brazo de suspensión traseira.[10]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos.
2012 Lotus F1 Team Renault RS27-2012 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 303
Kimi Räikkönen 7 5 14 2 3 9 8 2 5 3 2 3 5 6 6 5 7 1 6 10
Romain Grosjean Ret Ret 6 3 4 Ret 2 Ret 6 18 3 Ret 7 19† 7 9 Ret 7 Ret
Jérôme d'Ambrosio 13
  1. Noble, Jonathan (25 January 2012). "Pirelli tweaks tyre markings for 2012 F1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 January 2012.
  2. 1 2 "Lotus names 2012 F1 challenger". Autosport.com. Haymarket. 27 January 2012. Consultado o 27 January 2012.
  3. "New Lotus named the E20". Sky Sports. BSkyB. 27 January 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2015. Consultado o 27 January 2012.
  4. "The Lotus E20 breaks cover". Formula One World Championship. 5 February 2012. Arquivado dende o orixinal o 04/03/2012. Consultado o 11 February 2012.
  5. Jonathan Noble (23 January 2012). "Reactive ride banned because FIA believed it gave an aerodynamic benefit". Autosport.com (Haymarket). Consultado o 9 February 2012.
  6. Andrew Benson (21 Februray 2012). "FIA ban new technical innovation developed by Lotus and Ferrari". BBC Sport (The BBC). Consultado o 9 February 2012.
  7. Straw, Edd (21 February 2012). "Analysis: mounting issue to blame for Lotus's chassis problems?". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 22 February 2012.
  8. Straw, Edd (21 February 2012). "Lotus F1 team pulls out of Barcelona test due to chassis problems". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 22 February 2012.
  9. Straw, Edd (23 February 2012). "Lotus set to get extra day of running after pulling out of Barcelona F1 test". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 23 February 2012.
  10. Saward, Joe (29 February 2012). "The problem with Lotus (F1 Team, rather than Group)". Joe Saward blogs about the world of F1 (Wordpress.com). Consultado o 2 March 2012.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]