Lothaire Bluteau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lothaire Bluteau
Lothaire Bluteau head 2.jpg
Nacemento 14 de abril de 1957 (60 anos)
Lugar Montreal, Flag of Canada.svg Canadá
Nacionalidade Canadá
Profesión Actor
editar datos en Wikidata ]

Lothaire Bluteau, nado en Montreal o 14 de abril de 1957, é un actor canadense. Lothaire Bluteau traballou en teatro, cine e televisión en producións canadenses e internacionais. Abandonou a medicina e chamou a atención no mundo da intepretación polo seu papel en Les Fous de bassan de Yves Simoneau. Despois de recibir boas críticas pola versión teatral de Being at Home with Claude, gañou o Premio Genie ó mellor actor no filme de Denys Arcand Jésus de Montréal. Tamén apareceu en Black Robe e Le Confessionnal de Robert Lepage, así como nas producións internacionais Orlando (1992), I Shot Andy Warhol (1996)[1] e Regression (2015).

Tivo un papel recorrente na terceira tempada da serie 24, na pel de Marcus Alvers. Na cuarta tempada de The Tudors, interpretou a Charles de Marillac, embaixador francés na corte de Henrique VIII. En xullo de 2014, anunciouse a súa incorporación á serie Vikings intepretando o rei de Francia Carlos III.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wise, Wyndham (2001). Take One's Essential Guide to Canadian Film. Toronto: University of Toronto Press. pp. 23–24. ISBN 0 8020 3512 4. Consultado o 30 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]