Loris Karius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Loris Karius
Loris Karius.jpg
Loris Karius en 2018.
Información persoal
Nome completo Loris Sven Karius[1]
Nacemento 22 de xuño de 1993 (25 anos)
Lugar Biberach an der Riss, Alemaña
Altura 1,89 m.[2]
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Liverpool
Número 1
Carreira xuvenil
1998–2000 FV Biberach
2000–2001 SG Mettenberg
2001–2005 SSV Ulm 1846
2005–2009 VfB Stuttgart
2009–2011 Manchester City
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Mainz 05 II 27 (0)
2012–2016 Mainz 05 91 (0)
2016– Liverpool 29 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2018
† Aparicións (Goles)

Loris Sven Karius, nado en Biberach an der Riss, Alemaña o 22 de xuño de 1993, é un futbolista alemán que xoga como porteiro. O seu club dende 2016 é o Liverpool FC da Premier League de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karius comezou a xogar ó fútbol na SG Mettenberg e uniuse en 2001 ás categorías inferiores do SSV Ulm 1846 Fußball. En xullo de 2005 trasladouse á canteira do VfB Stuttgart. En xullo de 2009 saíu da Sub-17 de VfB e trasladouse a Inglaterra para a Sub-18 do Manchester City Football Club.

Karius xogou o seu primeiro partido con reserva do Manchester City, contra a reserva do Wigan Athletic, o 13 de abril de 2010.

Mainz 05[editar | editar a fonte]

En agosto de 2011 Loris foi cedido polo 1. FSV Mainz 05. o 22 de xaneiro de 2012 Karius foi nomeado por primeira vez no partido do xuvenil, contra o Bayer 04 Leverkusen, pero non entrou ó campo de xogo.

Na tempada 2012/13 foi segundo porteiro despois da perda por lesión de Heinz Müller, detrás de Christian Wetklo. Despois da expulsión de Wetklo o 1 de decembro de 2012, no partido contra o Hannover 96 (2-1) Karius entrou dende o banco no minuto 52 e debutou na portaría do primeiro equipo do Mainz. Nos anos seguintes foi o porteiro titular.

O contrato de Loris con Mainz 05 estendeuse até 2018.

Liverpool F.C.[editar | editar a fonte]

O 24 de maio de 2016, foi presentado como novo reforzo para a portaría do Liverpool Football Club. Foi titular no equipo que xogou a final da Champions League 2018 celebrada en Kiev, onde encaixou 3 goles na derrota do Liverpool contra o Real Madrid.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O seu debut na selección nacional sub-16 o 16 de setembro nun partido amigable contra Bélxica (5-0). Xogou ademais outros dous partidos. Coa selección sub-17 Karius participou no Torneo de Catro Nacións en 2009, onde xogou contra Serbia (1-0).

Dende entón, Loris xogou partidos nas seleccións sub-18, sub-19 e sub-20.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Premier League, ed. (1 de setembro de 2017). "Squads for 2017/18 Premier League confirmed". Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  2. Premier League (ed.). "Loris Karius: Overview". Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 
  3. Ian Doyle (27 de maio de 2018). Liverpool Echo, ed. "Liverpool will stand by Loris Karius despite Champions League horror show". Consultado o 27 de maio de 2018.