La Hoya, Lorca
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Hoya.
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 4.064 (2021) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 30.816 | |||
La Hoya é unha pedanía do municipio de Lorca, na Rexión de Murcia, situada ao leste da cidade. Ten 3.544 habitantes (2010) e é a terceira pedanía máis poboada do concello, por detrás de Sutullena e Campillo.
Transporte
[editar | editar a fonte]La Hoya está comunicada por estrada co resto da Rexión de Murcia grazas á autovía do Mediterráneo (A-7) que cruza a pedanía polo norte. Cara ao oeste comunica con Lorca e Andalucía e en dirección leste diríxese cara á cidade de Murcia e a Comunidade Valenciana. Paralela á anterior e pasando polo centro da localidade atopamos a estrada nacional N-340.
Ademais, hai un apeadoiro ao sur da localidade con servizos da liña de Proximidades Murcia entre a capital murciana e Águilas.
Deporte
[editar | editar a fonte]Entre 2003 e 2022 existiu o Lorca Club de Fútbol.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información da pedanía na web do concello de LorcaArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
