O seu libro Xallas. Teoría da existencia (2007) é unha viaxe literaria seguindo o percorrido do río Xallas, que posúe diferentes denominacións ó longo do seu traxecto, pero que foi con esta coa que nomeou toda unha contorna.[6]Uns ós outros (2009) é un libro de poemas con tres partes: a da razón («Caer caendo»), a das emocións («Desamor» e «Poemario básico») e a do contexto ou contorna («Fisterrá»).[7] Con Os mundos de agora (2021) Galaxia inaugurou a colección Hoxeéhoxe, obra na que abre o debate sobre a pegada tecnolóxica.[8]
Presentando Os mundos de agora con Irene Lourido na Libraría Paz de Pontevedra en novembro de 2021Os mundos de agora (2021). Vigo: Galaxia, Col. Hoxeéhoxe. 346 páxs. ISBN 978-84-9151-634-7.