Irene Lourido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIrene Lourido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónIES Valle Inclán
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria , xornalista Editar o valor em Wikidata


Irene Sandra Lourido Loureiro, máis coñecida como Irene Lourido, nada en Pontevedra[1] o 6 de outubro de 1976, é unha xornalista de televisión e profesora universitaria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presentando Os mundos de agora co autor, Lois Oreiro. Libraría Paz de Pontevedra, novembro 2021

Estudou no IES Valle Inclán de Pontevedra, licenciouse en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual (especialidade en Dirección e Guión audiovisual) na Universidade de Santiago e Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Ten o DEA (o actual mestrado) na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade, centrado en locución audiovisual.

É profesora asociada do Departamento de Ciencias da Comunicación na USC[2] e dos cursos de verán da UNED.[3]

Comezou na Televisión de Pontevedra (TVP), posteriormente Localia Pontevedra, ata que se incorporou á Televisión de Galicia[4] en 1997, na que leva presentado sobre todo programas informativos, en 2021 os telexornais da fin de semana.[5]

Foi vogal da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual.[6]

É irmá do xornalista Anxo Lourido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PONTEVEDRA A PÉ". www.pontevedra.gal. Consultado o 2021-11-11. 
  2. "Irene Sandra Lourido Loureiro Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2021-11-11. 
  3. "Prensa y sociedad Cursos de Verano UNED en Pontevedra". extension.uned.es (en castelán). Consultado o 2021-11-11. 
  4. "A crack dos informativos da TVG". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-11-11. 
  5. "programación TVG CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-11-11. 
  6. "Coloquio con Natalia de Molina Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2021-11-11.