Lois Alcayde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lois Alcayde
Lois Alcayde Dans en Mazarelos.jpg
Lois Alcayde Dans na praza de Mazarelos, Santiago de Compostela
Nacemento1997
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xián Lois Alcayde Dans, nado na Coruña en 1997, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña e no IES María Casares de Oleiros. Cursou o grao en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e, posteriormente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde está a realizar estudos de mestrado. En 2016 gañou con 18 anos o I Premio Balbino de Relatos polo libro Camiños na sombra. No 2018 obtivo o segundo premio na IV edición do Mazarelos da USC polo conxunto poético Xente da crise e en 2019 acadou o XX Premio Díaz Jácome (1° premio) polo conxunto poético Anoar.

Foi membro do consello editorial da revista Ligeia, na que coordinou a súa sección de Xornalismo. Colabora en El Salto, Luzes, da que é membro do seu comité de redacción, e no Nós Diario co seu suplemento dos sábados, o Sermos Galiza, ademais de ter publicado creación nas revistas Grial e Dorna. No ano 2020 publicou, xunto con outras autoras e autores, o libro Poesía galega novísima coordinado polo escritor Marcus Daniel Cabada na Editorial Urutau na que é unha selección das autorías líricas máis novas no comezo da década dos anos 2020 en Galicia.

En 2018 elaborou o guión para o documental Outra Coruña posible: Domingos Merino, dirixido por Paula Quiroga, sobre a vida do primeiro alcalde democrático da Coruña despois do Franquismo, Domingos Merino. Nos anos 2019 e 2020 colaborou coa Real Academia Galega na guionización dunha serie audiovisual de varias pezas co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a mocidade dirixida tamén por Paula Quiroga. Alcayde exerceu, así mesmo, como redactor para os servizos informativos da TVG no Telexornal e foi locutor e responsable de comunicación da emisora coruñesa Cuac FM.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Camiños na sombra, 2016 (Fervenza).
  • Xente da crise, 2018.
  • Anoar, 2019.
  • Os jeans de María, 2019 (Galaxia).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • De pedra a azulexo. Obras premiadas no I, II, III, IV e V Concurso literario Mazarelos da facultade de filoloxía (USC), 2019.
  • Poesía galega novísima (Urutau), 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]