Lobos de Arga
| Lobos de Arga | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Custo
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Lobos de Arga é un filme español de comedia e terror protagonizada por Gorka Otxoa e dirixida por Juan Martínez Moreno, con localizacións en Galicia. Estreouse en galego na TVG o 14 de abril de 2014.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]No ano 1910 a Marquesa dos Mariño de Arga (Galicia) recibiu unha maldición dunha xitana sentenciada a morte pola propia marquesa. Cando o seu fillo varón cumpra 10 anos converterase nun lobishome, ademais de que os veciños tamén se converterán unha vez cada 100 anos.
Un século despois, o último descendente dos Mariño, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor mediocre, regresa á súa aldea para recibir unha homenaxe sen saber que a "honra" é ser sacrificado nun ritual no que debe alimentar á besta co seu propio sangue para acabar coa maldición.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gorka Otxoa como Tomás Mariño
- Carlos Areces como Calixto
- Secun de la Rosa como Mario
- Manuel Manquiña como Evaristo
- Luis Zahera como Sarxento da Garda Civil
- Mabel Rivera como Avoa de Tomás Mariño
- Coté Soler como Garda Civil
- Marcos Ruíz como Diego
- Xosé Manuel Olveira "Pico" como Dono do bar
- Dorotea Bárcena como Muller do dono do bar
- Xulio Lago como Home cego
- Ramsés como Vito, o can
Produción
[editar | editar a fonte]É unha coprodución de Vaca Films e Telespan 2000, na que participou tamén a TVG. Rodouse durante nove semanas entre Galicia e Madrid e contou cun orzamento de 5 millóns de euros, dos que unha boa parte se destinou ós efectos especiais, maquillaxe e caracterizacións.[2]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2011: Premio do Público á mellor longametraxe da Semana de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián.
- 2012: Premio do Público no Dead by Dawn Horror Film Festival (Escocia).
| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 11ª edición | Mellor filme | Tomás Cimadevilla | Nomeado |
| Mellor montaxe | Nacho Ruíz Capillas | Nomeado | |
| Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo e Fermín Galán | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CRTVG. "Estrea do filme na TVG". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ CRTVG. "Coprodución de Lobos de Arga e TVG". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lobos de Arga na IMDb (en inglés). (en inglés)
- Web oficial da película (en castelán)
- Vídeos da rodaxe en rtve.es (en castelán)
- Ficha no soportal do audiovisual galego.