Lista de primeiros ministros dos Emiratos Árabes Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primeiro ministro dos Emiratos Árabes Unidos
Emblem of the United Arab Emirates.svg
Escudo dos Emiratos Árabes Unidos
Mohammed Bin Rashid Al Maktoum at the World Economic Forum Summit on the Global Agenda 2008 1.jpg

TratamentoSúa Excelencia, Xeque
SedeDubai
ÁmbitoFlag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos
Designado porFamilias reais dos Emiratos Árabes Unidos
Primeiro titularRashid bin Saeed Al Maktoum
Creación1971
Sitio webwww.sheikhmohammed.ae

O primeiro ministro dos Emiratos Árabes Unidos é o xefe de goberno dos Emiratos Árabes Unidos. Aínda que non é obrigatorio segundo a Constitución dos Emiratos Árabes Unidos,[1] o habitual é que o emir de Dubai exerza como primeiro ministro dos Emiratos Árabes Unidos e vicepresidente.

O primeiro primeiro ministro, Maktoum bin Rashid Al Maktoum, tomou posesión o 9 de decembro de 1971. Deixou o cargo o 25 de abril de 1979 e foi sucedido por seu pai Rashid bin Saeed Al Maktoum, vicepresidente dos Emiratos Árabes Unidos. Dende entón todos os primeiros ministros ocuparon tamén o cargo de vicepresidente. Á morte do xeque Rashid Al Maktoum, o 7 de outubro de 1990, o seu fillo Maktoum Al Maktoum converteuse en primeiro ministro por segunda vez. Tras a súa morte o 11 de febreiro de 2006, mentres estaba de visita na Costa Dourada de Australia, sucedeuno o seu irmán menor Mohammed bin Rashid Al Maktoum, actual primeiro ministro.

O primeiro ministro dos Emiratos Árabes Unidos preside o Consello de Ministros, que se reúne unha vez por semana na capital, Abu Zabi.

Lista dos primeiros ministros dos Emiratos Árabes Unidos (1971 – actualidade)[editar | editar a fonte]

Nome Foto Inicio Fin Tempo no cargo
1 Maktoum bin Rashid Al Maktoum
مكتوم بن راشد آل مكتوم
(1943-2006)
Maktoum bin Rashid Al Maktoum.jpg 9 de decembro de 1971 25 de abril de 1979 7 anos,

137 días

2 Rashid bin Saeed Al Maktoum
راشد بن سعيد آل مكتوم
(1912–1990)
Rashid bin Saeed Al Maktoum.jpg 25 de abril de 1979 7 de outubro de 1990
(Morreu no cargo)
11 anos,

164 días

(1) Maktoum bin Rashid Al Maktoum
مكتوم بن راشد آل مكتوم (1943-2006)
Maktoum bin Rashid Al Maktoum.jpg 7 de outubro de 1990 4 de xaneiro de 2006
(Morreu no cargo)
15 anos,

88 días

3 Mohammed bin Rashid Al Maktoum
محمد بن راشد آل مكتوم
(1949–)
Sheik Mohammed bin Rashid Al Maktoum.jpg 11 de febreiro de 2006 Presente 15 anos e 248 días

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Constitución dos Emiratos Árabes Unidos". www.helplinelaw.com (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]