Saltar ao contido

Presidente dos Emiratos Árabes Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Presidente dos Emiratos Árabes Unidos
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Subclase de
 Tratamento
 Residencia oficial
Implicados
 Titular
 Nomeado por
Datas
 Fundación / creación
2 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O presidente dos Emiratos Árabes Unidos ou o Raʾīs (en árabe: رَئِـيْـس‎) é o xefe de Estado dos Emiratos Árabes Unidos.

O presidente e o primeiro ministro son elixidos cada 5 anos polo Consello Supremo Federal. Normalmente, un xeque do Emirato de Abu Zabi exerce a presidencia e un xeque do Emirato de Dubai actúa como primeiro ministro. O xeque Zayed bin Sultan Al Nahyan é o pai fundador dos EAU e está considerado a persoa que uniu os sete emiratos nun país. Foi o primeiro presidente dende a fundación da nación até a súa morte o 2 de novembro de 2004. Ao día seguinte o Consello Supremo Federal elixiu o seu fillo, o xeque Khalifa bin Said Al-Nahian, para substituílo.[1] O Presidente é tamén o comandante en xefe das Forzas Armadas dos EAU.

O actual presidente é Mohamed bin Said Al-Nahian, que se converteu en presidente trala morte do seu medio irmán Khalifa bin Said Al-Nahian en 2022.

Presidentes dos Emiratos Árabes Unidos (1971–presente)

[editar | editar a fonte]
Foto Presidente Inicio Fin Tempo no cargo Emirato
1 Zayed bin Sultan Al Nahyan 2 de decembro de 1971 2 de novembro de 2004 32 anos e 336 días Abu Zabi
- Maktoum bin Rashid Al Maktoum 2 de novembro de 2004 3 de novembro de 2004 1 día Dubai
2 Khalifa bin Said Al-Nahian 3 de novembro de 2004 13 de maio de 2022 17 anos e 191 días Abu Zabi
- Mohamed bin Rashid Al Maktum 13 de maio de 2022 14 de maio de 2022 1 día Dubai
3 Mohamed bin Said Al-Nahian 14 de maio de 2022 presente 3 anos e 304 días Abu Zabi
  1. "Emiratos Árabes Unidos". www.arabruleoflaw.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]