Saltar ao contido

Lista de personaxes de Futurama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é a Lista de personaxes de Futurama. Ademais dos empregados de Planet Express, Futurama inclúe unha gran variedade de personaxes: personalidades, compañeiros de traballo, medios de comunicación, empresarios, familiares, veciños, estranxeiros e viláns. Na seguinte lista aparecen en primeiro lugar os personaxes de maior importancia e despois os secundarios por orde alfabética.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Dobraxe na versión orixinal Descrición Primeira aparición
Philip J. Fry Billy WestProtagonista. Provén do século XX. Traballa de repartidor. É o familiar máis achegado do profesor Farnsworth. "Space Pilot 3000"
Turanga Leela Katey SagalÉ unha ciclope mutante e capitá da Nave de Planet Express. "Space Pilot 3000"
Bender John DiMaggioÉ un robot cleptómano, fumador e alcohólico que se converte no mellor amigo de Fry. Provén de México e é o cociñeiro da Nave de Planet Express. "Space Pilot 3000"
Profesor Farnsworth Billy WestÉ o familiar máis achegado de Fry. É o propietario da empresa Planet Express e un célebre inventor e científico. "Space Pilot 3000"
Doutor Zoidberg Billy WestÉ un extraterrestre semellante a un lumbrigante procedente de Decapod 10. É un doutor incompetente que traballa para a empresa. "The Series Has Landed"
Amy Wong Lauren TomÉ unha estudante procedente de Marte pero de orixe chinesa que traballa en Planet Express. "The Series Has Landed"
Hermes Conrad Phil LaMarrÉ un burócrata xamaicano cun don especial para arquivar. É o contable de Planet Express. "The Series Has Landed"
Nibbler Frank WelkerEmbaixador nibloniano na Terra. Na maioría dos episodios faise pasar por unha simple mascote ó coidado de Leela. "Love's Labours Lost in Space"
Zapp Brannigan Billy WestÉ un presuntuoso, egocéntrico e incompetente capitán de nave espacial que tenta persuadir sen descanso a Leela e outras mulleres. "Love's Labours Lost in Space"
Kif Kroker Maurice LaMarcheÉ un extraterrestre de aparencia anfibia. Traballa para Zapp Brannigan. "Love's Labours Lost in Space"
Mamá Tress MacNeilleÉ a antagonista da serie. Posúe unha gran multinacional produtora de robots e é a persoa máis rica da Terra. É descrita como malévola, implacábel e maquiavélica. "A Fishful of Dollars"
Corpo sen cabeza de Agnew Maurice LaMarcheCorpo sen cabeza de Spiro Agnew. Vicepresidente da Terra e axudante da cabeza de Richard Nixon. "Space Pilot 3000"
Boxy n/aÉ un robot moi básico que só se pode comunicar por bips. Asistente de Calculon. "I, Roommate"
Brain Slugs n/aAliens minúsculos e parasitarios que se conectan ás cabezas de seres intelixentes para controlalos. "A Head in the Polls"
Brain Spawn variosRaza de cerebros telepáticos voadores que se alimentam de coñecementos e desexan destruír outras formas de vida. "A Clone of My Own"
Calculon Maurice LaMarcheÉ un famoso actor robot que protagoniza a telenovela All My Circuits. "I, Roommate"
Crushinator Maurice LaMarcheFilla robot dun granxeiro humano na Lúa. Nai de Junior, fillo de Bender. "The Series Has Landed"
Pai Changstein-El-Gamal David HermanLíder da Primeira Igrexa Amalgamada "Godfellas"
Zombi de Hanuka Mark HamillPersonificación zombi de Hanuka. Bender's Big Score
Clamps Maurice LaMarcheMembro inestábel da Mafia Robot que está obcecado en usar as pinzas que forman as súas mans. "Bender Gets Made"
Dwight Conrad Bumper Robinson/Phil LaMarrFillo de Hermes e LaBarbara Conrad. "The Route of All Evil"
LaBarbara Conrad Dawnn LewisEsposa de Hermes e nai de Dwight Conrad. Exmuller de Barbados Slim. "A Flight To Remember"
Donbot Maurice LaMarcheXefe da Mafia Robot. "Bender Gets Made"
Elzar John DiMaggioFamoso chef neptuniano. "My Three Suns"
Cubert Farnsworth Kath SoucieCon do profesor Farnsworth "A Clone of My Own"
Flexo John DiMaggioRobot case idéntico a Bender en voz, aparencia e personalidade. "The Lesser of Two Evils"
Al Gore Al GoreEx Vicepresidente dos Estados Unidos. Membro da "Vice Presidential Action Rangers" e primeiro emperador da Lúa. "Anthology of Interest I"
Gypsy-bot Tress MacNeilleMáquina robótica que predí o futuro. "My Three Suns"
Stephen Hawking Stephen HawkingMembro da "Vice Presidential Action Rangers" e famoso científico. "Anthology of Interest I"
Hedonismbot Maurice LaMarchePersonificación robótica do Hedonismo. "Crimes of the Hot"
Horrible Gelatinous Blob Maurice LaMarcheUn inmenso extraterrestre translúcido. "The Series Has Landed"
Hyperchicken Maurice LaMarcheUn avogado con aparencia de galiña. "Brannigan, Begin Again"
Hypnotoad n/aUn sapo con ollos que hipnotizan á xente. "The Day the Earth Stood Stupid"
Kwanzaabot CoolioPersonificación robótica do Kwanzaa. "A Tale of Two Santas"
Lrrr Maurice LaMarcheEmperador de Omicron Persei 8. Marido de Ndnd. "When Aliens Attack"
Linda Tress MacNeillePresentadora do telexornal √2 News. Compañeira de Morbo. "A Big Piece of Garbage"
Hattie McDoogal Tress MacNeilleMuller viúva e accionista de Planet Express. "I, Roommate"
Michelle Kath Soucie/Sarah SilvermanMoza de Fry no século XX. "Space Pilot 3000"
Morbo Maurice LaMarchePresentador do telexornal √2 News. Compañeiro de Linda. "A Big Piece of Garbage"
Joey Mousepad John DiMaggioMembro da Mafia Robot que leva un rato de ordenador arredor do pescozo. "Bender Gets Made"
Randy Munchnik John DiMaggioHome homosexual estereotipado que posúa unha xoiaría. "I, Roommate"
Richard Nixon Billy WestCabeza de Richard Nixon e presidente da Terra. "Space Pilot 3000"
Mr. Panucci John DiMaggioPropietario de "Panucci's Pizza" e xefe de Fry no século XX. "Space Pilot 3000"
Pazuzu David HermanGárgola do Profesor Farnsworth que ocasionalmente o salva en situacións de perigo. "Teenage Mutant Leela's Hurdles"
Petunia Tress MacNeilleMuller vella e promiscua de Nutley, Nova Jersey. "Put Your Head on My Shoulders"
Reverend Lionel Preacherbot Phil LaMarrXefe supremo e reverendo do Templo da Robotoloxía. "Hell Is Other Robots"
Roberto David HermanRobot tolo, criminal e psicótico. "Insane in the Mainframe"
Demo Robot Dan Castellaneta/Maurice LaMarchePersonificación robot do demo que vive no Inferno robot. "Hell Is Other Robots"
Robot Santa John Goodman/John DiMaggioPersonificación robot de Papá Noel. "Xmas Story"
Sal John DiMaggioTraballador obeso e graxento que por veces ocupa diversas tarefas. "The Series Has Landed"
Scruffy David HermanPorteiro de Planet Express "A Fishful of Dollars"
Barbados Slim John DiMaggioExmarido de LaBarbara Conrad e rival de Hermes. "Bend Her"
Smitty Billy WestPolicía humano "Space Pilot 3000"
Bubblegum Tate Phil LaMarrCientífico de renome e líder dos Harlem Globetrotters procedentes do Pkaneta Globetrotter. "Time Keeps on Slippin'"
Tinny Tim Tress MacNeillePersonificación robot dun neno orfo. "Space Pilot 3000"
Turanga Morris David HermanPai de Leela. "I Second That Emotion"
Turanga Munda Tress MacNeilleNai de Leela. "I Second That Emotion"
URL John DiMaggioPronunciado como "Earl." Policía robot. "Space Pilot 3000"
Warden Vogel David HermanBurócrata de grao 135 e director do Orfanato Cookieville de mínima seguridade. "The Cyber House Rules"
Dr. Ogden Wernstrom David HermanCientífico rival do Profesor Farnsworth. "A Big Piece of Garbage"
Inez Wong Lauren TomNai de Amy Wong e muller de Leo Wong. "A Flight to Remember"
Leo Wong Billy WestPai de Amy Wong e marido de Inez Wong. Principal antagonista no filme Futurama: Into the Wild Green Yonder "A Flight to Remember"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]