Saltar ao contido

Mamá (Futurama)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamá (Futurama)
Tipopersonaxe humano de ficción, personaxe animado e personaxe de televisión Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticiouniverso de Futurama Editar o valor en Wikidata
FranquíaFuturama Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Mamá, cuxo nome real é Carol, é un personaxe ficticio de Futurama, unha serie de animación para televisión creada por Matt Groening e David X. Cohen. Na versión orixinal a súa voz pona Tress MacNeille.

Xunto con Zapp Brannigan, é un dos principais antagonistas da serie. Posúe unha gran multinacional produtora de robots e é a persoa máis rica da Terra. É descrita como malévola, implacábel e maquiavélica. Ten tres fillos: Walt, Larry e Igner.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]