Linguas occitanorrománicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Linguas occitano-románicas")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Linguas occitanorrománicas.

As linguas occitanorrománicas son o occitano e o catalán dúas linguas románicas moi emparentadas que forman un continuo dialectal transicional entre as linguas galorrománicas e as linguas iberorrománicas.[1] Ás veces inclúese o aragonés.

Segundo varios autores, tanto o occitano como o catalán deben clasificarse como galorrománicos, outros autores coinciden co occitano, pero consideran o catalán como iberorrománico, a clasificación está tan conturbada por que a división entre as linguas galorrománicas e as iberorrománicas é a fronteira entre o estado español e o estado francés, polo que a clasificación faise máis por cuestións territoriais que por razóns lingüísticas e históricas. Con todo, na súa forma escrita o catalán moderno e o occitano moderno son altamente intelixibles, e cunha porcentaxe de léxico similar ao existente entre o galego e o portugués. Algúns lingüistas e filólogos occitanos mesmo tentaron incluír o catalán como parte do diasistema occitano, xa que os lingüistas occitanos Pierre Bec e Domergue Sumien clasificaban ao catalán como unha variante occitana de tipo aquitano-pirinaico.[2] De feito existen razóns fundadas para considerar ás linguas occitanorrománicas un grupo filoxenético válido, a diferenza das linguas románicas da península ibérica, que pertencen a varios grupos filoxenéticos. [3]  

Clasificación[editar | editar a fonte]

Clasificación interna[editar | editar a fonte]

Clasificación supradialectal do occitanorromance[editar | editar a fonte]

Clasificación supradialectal do occitanorromance.

Os autores occitanos Pierre Bec e Domergue Sumien describiran unha clasificación supradialectal do occitanorromance diviendolo en dous grupos (aquitano-pirinaico e auverno-mediterráneo) baseado nalgúns trazos fonéticos ou gramaticais.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pierre Bec (1963, 1995) La langue occitane, París: Presses universitaires de France
  2. BEC Pierre, Manuel pratique d’occitan moderne, coll. Connaissance des langues, París
  3. "Mas se confrontam los parlars naturals de Catalonha e d'Occitania, i a pas cap de dobte, em en preséncia de parlars d'una meteissa familha linguistica, la qu'ai qualificada d'occitano-romana, plaçada a egala distància entre lo francés e l'espanhòl." Loís Alibèrt, Òc, n°7 (01/1950), p. 26
  4. SUMIEN Domergue (2006) La standardisation pluricentrique de l'occitan: nouvel enjeu sociolinguistique, développement du lexique et de la morphologie, coll. Publications de l'Association Internationale d'Études Occitanes, Turnhout: Brepols