Saltar ao contido

Lingua wu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wu
吳語/吴语
Hhu22 nyy44'
Pronuncia:
Falado en: República Popular da China
Rexións: China do Leste (Shanghai, Zhejiang, sur de Jiangsu, partes das provincias de Anhui e Jiangxi)
Total de falantes: 79,5 millóns (2007)
Posición: 13
Familia: Sino-tibetana
 Sinítica
  Chinés
   Wu
Escrita: Escrita chinesa
Status oficial
Lingua oficial de: China
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: wuu
Mapa
Status

O wu está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua wu (caracteres chineses: 吳語 , nguphin: ngu niu) é un grupo de variedades lingüísticas semellantes e historicamente relacionadas da lingua chinesa, principalmente falada na provincia de Zhejiang, na cidade de Shanghai, e na provincia de Jiangsu.[2][3][4]

Os principais dialectos do wu son o dialecto de Shanghai, o de Suzhou, o de Wuxi, o de Wenzhou, o de Ningbo, o de Hangzhou, o de Shaoxing, o de Jinhua e o de Yongkang. Falantes de lingu wu, como Chiang Kai-shek, Lu Xun e Cai Yuanpei, ocuparon posicións de grande importancia nas modernas cultura e política chinesa. O wu tamén foi usado na Ópera de Shaoxing, que é a segunda máis popular despois da Ópera de Pequín, alén das actuacións do popular comediante Zhou Libo. O wu é falado en gran número de comunidades da diáspora chinesa, con importantes centros de inmigración orixinarios de Qingtian e Wenzhou.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Greentranslations.com (ed.). "Wu Language". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 22 de abril de 2013. 
  3. Nils Göran David Malmqvist (2010). Rowman & Littlefield, ed. Bernhard Karlgren: portrait of a scholar. p. 302. ISBN 1-61146-000-X. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  4. N. G. D. Malmqvist (2010). Rowman & Littlefield, ed. Bernhard Karlgren: Portrait of a Scholar. ISBN 1-61146-001-8. Consultado o 10 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Recursos da lingua wu