Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
As linguas siníticas,[a] (漢語族/汉语族), a miúdo coñecidas tamén como linguas chinesas, son un grupo de linguas analíticas de Asia Oriental que constitúen a rama principal da familia sino-tibetana. Con frecuencia proponse que hai unha división primaria entre as linguas siníticas e o resto da familia (as linguas tibetano-birmanas). Esta opinión é rexeitada por varios investigadores[4] pero atopou apoio filoxenético entre outros.[5][6] As linguas bai maiores, cuxa clasificación é difícil, poden ser unha rama do chinés antigo e polo tanto siníticas;[7] por outra banda, o grupo sinítico defínese só polas moitas variedades do chinés unificadas por un trasfondo histórico compartido, e o uso do termo "sinítico" pode reflectir a visión lingüística de que o chinés constitúe unha familia de linguas distintas, no canto de variantes dunha única lingua.[b]
↑Do latín serodio Sīnae, "o chinés", probablemente do árabe Ṣīn ('China'), do nome dinástico chinés Qin. (OED). En 1982, Paul K. Benedict propuxo un subgrupo sino-tibetano chamado "sinítico" que comprende a bai e o chinés.[1] A afiliación precisa da lingua bai segue sendo incerta[2] e o termo "sinítico" adoita usarse como sinónimo de chinés, especialmente cando se considera unha familia lingüística máis que como unha lingua.[3]
↑Véxase, por examplo, (Enfield 2003, p. 69) e (Hannas 1997). Os termos chineses que adoitan traducir como "lingua" e "dialecto" non se corresponden ben con esas traducións. Estes son 語言 yǔyán, correspondente a macrolingua ou clúster lingüístico, que se usa para o propio chinés; 方言 fāngyán, que separa linguas mutuamente inintelixibles dentro dun yǔyán; e 土語 tǔyǔ ou 土話 tǔhuà, que se corresponde mellor co uso lingüístico de 'dialecto'.[8]
Kurpaska, Maria (2010). Chinese Language(s): A Look Through the Prism of "The Great Dictionary of Modern Chinese Dialects". Walter de Gruyter. ISBN978-3-11-021914-2.
Mei, Tsu-lin (1970). Tones and prosody in Middle Chinese and the origin of the rising tone. Harvard Journal of Asiatic Studies30. pp. 86–110. JSTOR2718766. doi:10.2307/2718766.
Norman, Jerry (2003). "The Chinese dialects: Phonology". En Thurgood, Graham; LaPolla, Randy J. The Sino-Tibetan languages. Routledge. pp. 72–83. ISBN978-0-7007-1129-1.
Thurgood, Graham (2003). "The subgroup of the Tibeto-Burman languages: The interaction between language contact, change, and inheritance". En Thurgood, Graham; LaPolla, Randy J. The Sino-Tibetan languages. Routledge. pp. 3–21. ISBN978-0-7007-1129-1.
van Driem, George (2001). Languages of the Himalayas: An Ethnolinguistic Handbook of the Greater Himalayan Region. Brill. ISBN90-04-10390-2.
Wang, Feng (2005). On the genetic position of the Bai language. Cahiers de Linguistique Asie Orientale34. pp. 101–127. doi:10.3406/clao.2005.1728.
Yan, Margaret Mian (2006). Introduction to Chinese Dialectology. LINCOM Europa. ISBN978-3-89586-629-6.