A ópera de Pequín inclúe catro tipos principais de personaxes: os cabaleiros ou sheng, as damas ou dan, os homes rudos ou jing e os pallasos ou chou. As troupes adoitan ter varios actores para cada categoría, así como intérpretes secundarios e terciarios. Cos seus elaborados e coloridos disfraces, os actores son o elemento basilar da posta en escena deste tipo de ópera, que é sobra en canto ao attrezzo. Estes empregan as súas habilidades de oratoria, canto, danza e combate con movementos simbólicos e suxestivos, afastándose do realismo. Neste sentido, a destreza dun actor mídese pola beleza dos seus xestos. Así mesmo, úsase toda unha variedade de convencións de estilo que axudan á audiencia a seguir a trama dunha representación.[5] As capas de sentido de cada movemento deben coordinarse coa música. Esta acostuma a dividirse nos estilos xipi (西皮) e erhuang (二黄). Son típicas as arias, as melodías de ton fixo e os patróns de percusión.[6] O repertorio da ópera de Pequín consta de máis de 1400 obras, baseadas na historia chinesa, o seu folclore e, cada vez máis, a vida actual.[7]
↑Mackerras, Colin Patrick (1976). "Theatre and the Taipings". Modern China2 (4): 473–501. doi:10.1177/009770047600200404.
↑Wichmann, Elizabeth (1990). TDR (1988–), Vol. 34, No. 1, ed. "Tradition and Innovation in Contemporary Beijing Opera Performance". TDR34 (1): 146–178. JSTOR1146013. doi:10.2307/1146013.
↑Rao, Nancy Yunhwa (2000). "Racial Essences and Historical Invisibility: Chinese Opera in New York, 1930". Cambridge Opera Journal12 (2): 135–162. doi:10.1017/S095458670000135X.