Lingua tehuelche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tehuelche
Aoniken, Inaquen, Gunua-Kena, Gununa-Kena
Falado en: Arxentina
Rexións: Patagonia
Total de falantes: 1 falante fluído (2012)[1]
Familia: Chon
 Chon continental
  Tehuelche
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: teh
Patagonian lang.png

A lingua tehuelche,[2] pertencente ao grupo de linguas chon, foi falada polo pobo tehuelche meridional ou aónikenk da Patagonia. O seu autónimo foi aonekʾen ʾaʾjen, a lingua do Sur. A denominación tehuelche é un exónimo proveniente do mapudungun "xente belicosa". Existe a evidencia lingüística que permite clasificar o tehuelche dentro das linguas chon meridionais. Dentro das linguas chon o tehuelche ten proximidade coa extinta lingua teushen. No 2000 restaban catro falantes da lingua.

Enumeración[editar | editar a fonte]

O sistema para enumerar en tehuelche coa base decimal é como segue:

čočeʔ = un
xawke = dous
qāš = tres
qāge = catro
kt'en = cinco
wenaqāš = seis
qōke = sete
poš = oito
xamaqt'en = nove
oqaken = dez

Ademais, presenta dous numerais máis altos, préstamos procedentes do mapudungun, e ao mesmo tempo do quechua e do aimará.

pataq' = cen (map. pataka)
warenk = mil (map. warangka)

Vocabulario[editar | editar a fonte]

Cacique = Korrg, Oipenke
Bufo = Aamen
Cervo = Moch
Cerro = Yeut
Auga = Le, Amien
Lume = Iaik
Frecha = Shotel
Cabalo = Kowai
Cabeza = Alln
Campo = Jauke
Verde = Jestateltenk
Azul = Jeshtentenk, Kaltenk
Vermello = Kápenken
Branco = Eorrenk
Negro = Pol, Epolenk
Sol = Sheuen, Kenikénken, Tenink, Keengenken
Lúa = Kengenkon
Terra = Geur, Tem

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Recovering Process of the Tehuelche Language", aonekFILMS, 2012. Consultado o 24 de decembro de 2013.
  2. "Entrada tehuelche en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Garay, Ana V. (1997): Testimonios de los últimos tehuelches. Buenos Aires: Universidad de Buenos Aires. (en castelán)
  • Fernández Garay, Ana (1998), El tehuelche. Una lengua en vías de extinción, Valdivia: Facultad de Filosofía y Humanidades. Universidad Austral de Chile
  • Fernández Garay, Ana (2002): "Aspects of ergativity in tehuelche". In: Contemporary Perspectives on the Native Peoples of Pampa, Patagonia, and Tierra del Fuego. Editado por Claudia Briones e José Luis Lanata.
  • Fernández Garay, Ana V. (2004): Diccionario tehuelche-español / índice español-tehuelche. Leiden: Universidade de Leiden [Indigenous Languages of Latin America 4].
  • Viegas Barros, J. Pedro (2005): Voces en el viento. Raíces lingüísticas de la Patagonia. Buenos Aires: Mondragón.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]