Saltar ao contido

Lingua mohave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua mohave
 Instancia de
 Subclase de
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Wikidata

A lingua mohave[1] é a lingua nativa falada polo pobo mohave que habita a carón do río Colorado do noroeste de Arizona, sueste de California e suroeste de Nevada. Arredor do 70% dos falantes habitan en Arizona, mentres que o 30% restante reside en California. Pertence á póla do río da familia yuma, xunto co quechan e maricopa. O mohave está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

A lingua mohave converteuse nunha lingua ameazada durante o século XX, cando moitos nenos mohave foron separados dos seus pais e criados en internados onde lles prohibiron falar a súa lingua. Tiñan prohibido falar en mohave mesmo cando visitaban ós seus pais ocasionalmente, malia que a maioría dos pais non falaban inglés.[3][4][5]

  1. Definición de mohave* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  3. Penfield, S. D. (2005). Mohave remembered. Journal of the Southwest, 81-105.
  4. Penfield, S. D., & Tucker, B. V. (2011). From documenting to revitalizing an endangered language: where do applied linguists fit?. Language and Education, 25(4), 291-305.
  5. Weinberg, J. P., & Penfield, S. D. (2000). Mohave Language Planning: Where has it been and where should it go from here?. Coyote Papers: Working Papers in Linguistics, Special Volume on Native American Languages.