Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O mazanderani (مازندرانی), tamén chamado tabari (طبری) ou geleki (گلکی) é unha lingua iraniana e un membro das linguas do noroeste, falada nas provincias de Mazandarán, Teherán e Golestán, en Irán. Como membro da póla noroeste, está estreitamente relacionada coa lingua gilaki, e dun xeito máis distante coa lingua persa, que pertence á póla sur.[1][2] O mazanderani e o gilaki teñen un vocabulario semellante. A linguas gilaki e mazanderani (pero non outras linguas iranias) comparten certos trazos tipolóxicos coas linguas caucásicas,[3][4] reflectindo a historia, a identidade étnica e a relación da rexión do Cáucaso cos pobos gilaki e mazanderani.
↑Coon, "Iran:Demography and Ethnography" in Encyclopedia of Islam, Volume IV, E.J. Brill, pp. 10,8. Excerpt: "The Lurs speak an aberrant form of Archaic Persian" See maps also on page 10 for distribution of Persian languages and dialect
↑Kathryn M. Coughlin, "Muslim cultures today: a reference guide," Greenwood Publishing Group, 2006. p. 89: "...Iranians speak Persian or a Persian dialect such as Gilaki or Mazanderani"
Le Coq, P. 1989. Les dialects Caspiens et les dialects du nord-ouest de l'Iran. In Rüdiger Schmitt (ed.), Compendium linguarum Iranicarum. Wiesbaden: L. Reichert. pp.296–312.
Nawata, Tetsuo. 1984. Māzandarāni. Tokyo: Institute for the Study of Languages and Cultures of Asia and Africa. Series: Asian and African Grammatical Manual; 17. 45 + iii pp.