Lingua flexiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua flexional»)

En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua flexiva (tamén chamadas flexionais ou fusionais) é unha lingua na que as palabras se forman engadindo ao lexema unha serie de afixos, pero de xeito que non hai unha correspondencia biunívoca entre morfemas e trazos semánticos ou funcións gramaticais.

Exemplos:

  • en galego cantabamos pódese segmentar en morfemas que indican tempo (-ba-) e persoa e número (-mos). Este último morfema resume dúas categorías gramaticais, cousa que distingue as linguas flexivas das aglutinantes.

As linguas flexivas distínguense das linguas aglutinantes, das linguas illantes e das linguas polisintéticas.

Entre as linguas flexivas figuran especialmente moitas das indoeuropeas (entre elas o galego)