Lingua badeshi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Badeshi
Outros nomes:
Falado en: Paquistán
Rexións: Val de Bishigram
Total de falantes: 3[1] (2018)
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Badeshi
Escrita: Alfabeto árabe[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: bdz
Mapa
Status

O badeshi está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua badeshi é unha lingua indoaria sen clasificar falada en Paquistán. A lingua está nunha situación de grave perigo e considérase en risco de extinción. En 2018 a BBC atopou tres homes que aínda podían falar a lingua.[1]

Muhammad Zaman Sagar, un lingüista de campo conectado ao Forum for Language Initiative, traballou nesta lingua. Porén, o resultado da súa investigación de dous anos foi a recollida dunhas cen palabras.[1] En xullo de 2007, visitou o val de Bishigram de novo e estivo varios días coa xente do lugar. Hai esforzos para conservar un rexistro da lingua polo lingüista Zubair Torwali entre outros.[4]

En 2018, xornalistas da BBC atoparon tres anciáns (Said Gul, Ali Sher e Rahim Gul) que aínda podían falar o badeshi no Val de Bishigram, no norte de Paquistán.[1] Dixeron que a lingua torwali substituíu o badeshi na súa aldea. Os homes tamén traballaran en zonas turísticas do val de Swat onde falaban paxto. Algunhas frases recollidas en badeshi son:

  • Meen naao Rahim Gul thi - O meu nome é Rahim Gul
  • Meen Badeshi jibe aasa - Eu falo badeshi
  • Theen haal khale thi? - Como estás?
  • May grot khekti - Xa comín
  • Ishu kaale heem kam ikthi - Non hai moita neve este ano[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Syed, Zafar (2018-02-26). "Only three people speak this language". BBC News (en inglés). Consultado o 2018-02-26. 
  2. "Usage of Nasta'liq in the Modern Publications - Typography Day" (PDF). Typography Day. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Khaliq, Fazal (10 de xaneiro de 2018). "Swat's ancient language breathing its last". DAWN.COM. Consultado o 5 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]