Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) é un corpus lingüístico paralelo de traducións elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.

Características[editar | editar a fonte]

O Corpus CLUVI é unha colección aberta de corpus feita polo SLI da Universidade de Vigo. En 2018 contaba con 49 millóns de palabras, os textos en galego case 12 millóns de palabras e o Corpus LEGA uns 6 millóns de palabras. [1].

Os recursos do CLUVI están integrados no RILG, Recursos Integrados da Lingua Galega.

Tipos de tradución[editar | editar a fonte]

Tradución da Biblia, tradución xurídica, tradución de textos informativos, tradución literaria, tradución de subtitulado, localización de software, tradución socioeconómica, tradución turística .

Combinacións lingüísticas[editar | editar a fonte]

Galego - Plurilingüe, Inglés - Galego, Francés - Galego, Galego - Español, Galego - Chinés, Alemán - Galego, Portugués - Galego, Portugués - Inglés, Inglés - Español, Portugués - Español, Éuscaro - Español.

Linguas de tradución[editar | editar a fonte]

Galego, Español, Inglés, Portugués, Éuscaro, Catalán, Francés, Tradución da Biblia The UNESCO Courier Tradución literaria: FR-GL, Chinés, Alemán, Latín, Italiano.

Corpus partalelos de tradución[editar | editar a fonte]

  • Corpus CLUVI (latín-galego-portugués-portugués-catalán-francés-italiano-español-inglés-alemán-éuscaro-chinés, textos da Biblia)
  • Corpus CLUVI (galego-español, textos xurídicos)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego-francés-español, textos do Correo da Unesco)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego, programas informáticos)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (francés-galego, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (alemán-galego, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (galego-español, textos literarios)
  • Corpus CLUVI (español-galego-catalán-euskara, textos da revista Consumer)
  • Corpus CLUVI (español-galego, textos de turismo)
  • Corpus CLUVI (galego-chinés, subtitulado filmes)
  • Corpus CLUVI (inglés-galego, subtitulado filmes)
  • Corpus CLUVI multimedia (inglés-galego, subtitulado filmes)

Dicionarios[editar | editar a fonte]

  • inglés-galego
  • francés-galego
  • español-galego

Comezos[editar | editar a fonte]

O CLUVI, a outubro de 2006, era duns 22 millóns de palabras. A composición do CLUVI era a seguinte:

  • Corpus xurídico LEGA galego-español (5 877 769 palabras)
  • Corpus UNESCO inglés-galego-francés-español de divulgación científica (3 724 620 palabras)
  • Corpus LOGALIZA de localización de software inglés-galego (1 701 834 palabras)
  • Corpus literario TECTRA inglés-galego (1 476 020 palabras)
  • Corpus literario FEGA francés-galego (1 267 119 palabras)
  • Corpus CONSUMER español-galego-catalán-euskara de información sobre consumo (5 586 431 palabras)
  • Corpus xurídico LEGE-BI euskara-castelán (2 384 053 palabras)

Outras seccións do CLUVI, aínda en fase de desenvolvemento, eran:

  • Corpus EGAL de economía galego-castelán (718.642 palabras)
  • Corpus literario TECTRA inglés-portugués (735.529 palabras)
  • Corpus literario TECTRA inglés-castelán (122.251 palabras)
  • Corpus literario DEGA alemán-galego (76.364 palabras)
  • Corpus VEIGA de subtitulación de películas inglés-galego (78.032 palabras)
  • Corpus PALOP de literatura poscolonial portugués-castelán (566.590 palabras)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CLUVI". sli.uvigo.gal. Consultado o 16/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]