Limodoro de esporón
Limodoro de esporón | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Limodorum abortivum en Mallorca (España) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Limodorum abortivum' (L.) Sw. |
O limodoro de esporón, Limodorum abortivum,[1] é unha planta da familia das orquidáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Planta micoheterótrofa, violeta de talo robusto de 40-80 cm, con numerosas escamas abaixo, que saen dun rizoma densamente cuberto de raíces grosas. Espiga floral de até 30 cm de longo, con moitas flores violeta moi rechamantes. Segmentos periánticos até 2 cm estendidos; lábelo triangular de marxe ondulada, amarelo ou violeta; esporón delgado, cilíndrico, de até 1,5 cm. Florece na primavera e verán.[2]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Bosques nas montañas, maleza, pradarías umbrosas.
Distribución
[editar | editar a fonte]En centro e sur de Europa.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Limodorum abortivum foi descrita por (Linneo) Sw. e publicada en Nova Acta Regiae Societatis Scientiarum Upsaliensis 6: 80. 1799.[3]
O número cromosómico somático é de: 2 n = 56.[4]
Limodorum: nome xenérico que provén do nome grego haimodoron, dado por Teofrasto a unha planta parásita de flores vermellas, probablemente unha de Orobanche.
abortivum: epíteto latino que significa "abortivo, incompleto".[5]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Polunin, O. (1989). Guía fotográfica de las flores silvestres de España y de Europa. Barcelona:Omega. ISBN 84-282-0857-3.
- ↑ "Limodorum abortivum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de marzo de 2013.
- ↑ "Limodorum abortivum". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 10 de febreiro de 2010.
- ↑ En orchidstudium
- ↑ Sinónimos en Orchidspecies