Saltar ao contido

LUAR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LUAR
Logo
Camilo Mortágua, Fernando Pereira, Aurelio Zevedo e Mme Zevedo, na Haia (1975)
Tipoorganización
PaísPortugal
editar datos en Wikidata ]

Liga de Unidade e Acción Revolucionaria (LUAR)[1] foi un movemento político fundado en París, o 19 de xullo de 1967, baixo a dirección de Hermínio da Palma Inácio, tras o roubo do banco de Portugal en Figueira da Foz, distrito de Coímbra.

Entre os principais adeptos estaban Camilo Mortágua, Emídio Guerreiro, futuro líder interino (en ausencia, por motivos de saúde, de Francisco Sá Carneiro) do Partido Popular Democrático (hoxe PSD) e Fernando Pereira Marques, futuro deputado do Partido Socialista. Foi disolto en 1976, após o Período Revolucionário em Curso.

Unha brigada da oposición, o 17 de maio de 1967, liderada por Palma Inácio, atracou a sucursal do Banco de Portugal na Figueira da Foz, malversando vinte e nove mil contos.[2] Tomaron unha avioneta no aeródromo de Cernache e conseguiron escapar. A LUAR (Liga de Unidade e Acción Revolucionaria) foi fundada en París o 19 de xuño, baixo o liderado do xefe operativo de tal asalto.[3]

Notas

  1. "Página de "25 de Abril"". Arquivado dende o orixinal o 2016-04-09. Consultado o 2016-03-30. 
  2. A cifra de 29 mil contos ou 29.000.000 de escudos en 1967 son 10.235.393 euros en termos de poder adquisitivo de 2020, tomando en conta a inflación ao longo do tempo.
  3. "LUAR: do assalto a consulados à tentativa de ocupar a Covilhã". Diário de Notícias (en portugués). Consultado o 2024-04-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]