LUAR
LUAR | |
---|---|
Tipo | organización |
País | Portugal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Liga de Unidade e Acción Revolucionaria (LUAR)[1] foi un movemento político fundado en París, o 19 de xullo de 1967, baixo a dirección de Hermínio da Palma Inácio, tras o roubo do banco de Portugal en Figueira da Foz, distrito de Coímbra.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre os principais adeptos estaban Camilo Mortágua, Emídio Guerreiro, futuro líder interino (en ausencia, por motivos de saúde, de Francisco Sá Carneiro) do Partido Popular Democrático (hoxe PSD) e Fernando Pereira Marques, futuro deputado do Partido Socialista. Foi disolto en 1976, após o Período Revolucionário em Curso.
Asalto
[editar | editar a fonte]Unha brigada da oposición, o 17 de maio de 1967, liderada por Palma Inácio, atracou a sucursal do Banco de Portugal na Figueira da Foz, malversando vinte e nove mil contos.[2] Tomaron unha avioneta no aeródromo de Cernache e conseguiron escapar. A LUAR (Liga de Unidade e Acción Revolucionaria) foi fundada en París o 19 de xuño, baixo o liderado do xefe operativo de tal asalto.[3]
Notas
- ↑ "Página de "25 de Abril"". Arquivado dende o orixinal o 2016-04-09. Consultado o 2016-03-30.
- ↑ A cifra de 29 mil contos ou 29.000.000 de escudos en 1967 son 10.235.393 euros en termos de poder adquisitivo de 2020, tomando en conta a inflación ao longo do tempo.
- ↑ "LUAR: do assalto a consulados à tentativa de ocupar a Covilhã". Diário de Notícias (en portugués). Consultado o 2024-04-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LUAR |
- Ferreira, Ana (2015). "Luta Armada em Portugal (1970-1974)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de março de 2020.