Liga Galega de Fútbol Gaélico
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Liga Galega de Fútbol Gaélico | |
---|---|
Fundación | 2012 |
Rexión | Europa (GGE) |
Equipos | 9 Masculina e 7 Feminina |
Actual campión | (M) Fillos de Breogán (4° título) (F) Turonia (1° título) |
Máis laureado | (M) Estrela Vermelha (5 títulos) (F) Fillas de Breogán (3 títulos) |
Sitio web | [1] |
Liga Galega de Fútbol Gaélico 2023/24 |
A Liga Galega de Fútbol Gaélico é unha competición de fútbol gaélico. Nada na tempada 2013/14 baixo a organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, o seu obxectivo é asentar este deporte en Galiza.
Edicións[editar | editar a fonte]
Primeira edición (2013-2014)[editar | editar a fonte]
Na primeira edición participaron 5 equipos na categoría masculina e 3 na feminina.
Segunda edición (2014-2015)[editar | editar a fonte]
Na segunda edición participan 8 equipos na categoría masculina e 7 na feminina.
Terceira edición (2015-2016)[editar | editar a fonte]
Na terceira edición participaron 11 equipos na categoría masculina. Esta é a primeira tempada que os equipos masculinos compiten divididos en primeira división e segunda división. Na categoría feminina participaron 8 equipos.
Cuarta edición (2016-2017)[editar | editar a fonte]
Na cuarta edición participaron 13 equipos na categoría masculina (primeira e segunda división) e 9 equipos en categoría feminina.
Quinta edición (2017-2018)[editar | editar a fonte]
Na quinta edición participaron 13 equipos na categoría masculina (primeira e segunda división) e nove equipos en categoría feminina. Nesta última, o Bráithreachas substitúe ao Mecas. Esa quinta edición estivo organizada pola Federación Galega de Fútbol. En xuño de 2017, esta asinou un acordo para a inclusión da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o fútbol gaélico como especialidade deportiva.[1]
Sexta edición (2018-2019)[editar | editar a fonte]
Na sexta edición participaron 12 equipos na categoría masculina (primeira, segunda división e terceira división) e 7 equipos en categoría feminina.
Sétima edición (2019-2020)[editar | editar a fonte]
Na sétima edición participaron 10 equipos na categoría masculina (primeira e segunda división) e 7 equipos en categoría feminina.
Oitava edición (2020-2021)[editar | editar a fonte]
Na oitava edición Tempada atípica pola Covid-19 con menos participantes dos habituais. Participaron 6 equipos na categoría masculina (primeira división) e 3 equipos en categoría feminina pero formados por unha amálgama de 2 clubs cada un.
Novena edición (2021-2022)[editar | editar a fonte]
Na novena edición participaron 8 equipos na categoría masculina (primeira e segunda división) e 5 equipos en categoría feminina, un deles formado por unha amálgama de 2 clubs.
Décima edición (2022-2023)[editar | editar a fonte]
Na décima edición participaron 9 equipos na categoría masculina (primeira e segunda división, con dúas amálgamas de dous clubs) e 6 equipos en categoría feminina, un deles formado por unha amálgama de 2 clubs.
Undécima edición (2023-2024)[editar | editar a fonte]
Na undécima edición participaron 9 equipos na categoría masculina e 6 equipos en categoría feminina.
Categoría masculina[editar | editar a fonte]
Primeira División[editar | editar a fonte]
Tempada | Campión | Subcampión | Terceiro | Máximo anotador |
---|---|---|---|---|
2013 | Bráithreachas | Ártabros | Fillos de Breogán | Kanario (Bráithreachas) |
2013/14 | Estrela Vermelha | Irmandinhos | Fillos de Breogán | Rubén Leborán (Estrela Vermelha) |
2014/15 | Estrela Vermelha | Fillos de Breogán | Irmandinhos | Pablo Bernárdez "Chovi" (Irmandinhos) |
2015/16 | Estrela Vermelha | Irmandinhos | Fillos de Breogán | - |
2016/17 | Irmandinhos | Fillos de Breogán | Estrela Vermelha | Marcos Gañete “Corba” (Irmandinhos) |
2017/18 | Irmandinhos | Estrela Vermelha | Fillos de Breogán | José Costa (Fillos de Breogán) |
2018/19 | Estrela Vermelha | Irmandinhos | Fillos de Breogán | - |
2019/20 | Estrela Vermelha Fillos de Breogán |
- | Auriense | - |
2020/21 | Fillos de Breogán | Keltoi | Estrela Vermelha | - |
2021/22 | Fillos de Breogán | Herdeiros de Dhais | Estrela Vermelha | - |
2022/23[2] | Fillos de Breogán | Keltoi | - Herdeiros de Dhais + Irmandinhos | - |
2023/24 | - |
Segunda División[editar | editar a fonte]
Tempada | Campión | Subcampión | Terceiro | Máximo anotador |
---|---|---|---|---|
2015/16 | Artabros | Herdeiros de Dhais | Bráithreachas | Juan Mejuto (Ártabros) |
2016/17 | Mecos | Auriense | Dorna | Barry Lynch (Dorna) |
2017/18 | Artabros | Bráithreachas | Cambados | Marcos Crespo (Keltoi) |
2018/19 | Herdeiros de Dhais | Keltoi GAC | Mecos | - |
2019/20 | Keltoi GAC | Cambados | Turonia GFG | - |
2020/21 | - | - | - | - |
2021/22 | Keltoi GAC | Cambados | Turonia GFG | - |
2022/23[3] | Auriense | Turonia GFG | Cambados | - |
Terceira División[editar | editar a fonte]
Tempada | Campión | Subcampión | Terceiro | Máximo anotador |
---|---|---|---|---|
2018/19 | Dorna FG | Bráithreachas | Estrela Gaels | - |
Categoría feminina[editar | editar a fonte]
Tempada | Campión | Subcampión | Terceiro | Máxima anotadora |
---|---|---|---|---|
2013/14 | Irmandinhas | Fillas de Breogán | Mecas | Paula Castro (Irmandinhas) |
2014/15 | Irmandinhas | Fillas de Breogán | Estrela Vermelha | Paula Castro (Irmandinhas) |
2015/16 | Fillas de Breogán | Irmandinhas | Estrela Vermelha | - |
2016/17 | Fillas de Breogán | Pontevedra | Herdeiras de Dhais | Vanesa Calviño (Estrela Vermelha) |
2017/18 | Fillas de Breogán | Herdeiras de Dhais | Estrela Vermelha | Uxía Castro (Estrela Vermelha) |
2018/19 | Herdeiras de Dhais | Estrela Vermelha | Fillas de Breogán | Uxía Castro (Estrela Vermelha) |
2019/20 | Estrela Vermelha | Auriense | Fillas de Breogán | Uxía Castro (Estrela Vermelha) |
2020/21 | Herdeiras de Dhais Auriense | Fillas de Breogán Estrela Vermelha | Independente FC Turonia GFG | - |
2021/22 | Estrela Vermelha | Independente FC Turonia GFG | Auriense | - |
2022/23[4] | Turonia GFG | Fillas de Breogán | Estrela Vermelha | - |
2023/24 | - |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018. Consultado o 07 de abril de 2018.
- ↑ "Liga galega masculina 2022/23". AGFG.
- ↑ "Liga galega masculina 2022/23". AGFG.
- ↑ "Liga Galega feminina 2022/23". AGFG.