Mecos FG Ogrobe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mecos Fútbol Gaélico
NomeMecos Fútbol Gaélico Ogrobe.
Alcume(s)Mecos
Fundación22 de decembro de 2012
EstadioEstadio Municipal Monte da Vila
Capacidade1000 espectadores
PresidenteGalicia Francisco González Costa
AdestradorGalicia Rubén Perez Prieto "Rubio" (Masculino) Galicia Francisco González Costa (Feminino) Galicia Francisco González Costa (Base)
LigaLiga Galega de Fútbol Gaélico
2016/178ª Feminino e 1º Masculino (2ª División)
VestimentaGSS
Na rede
http://www.mecosfg.com/
Titular
Alternativo
Terceiro

O Mecos Fútbol Gaélico Ogrobe é un club de fútbol gaélico galego, da vila do Grove. Foi fundado en 2012 é membro fundador da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico ademais tamén xoga a Copa Galega de Fútbol Gaélico e o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo nacido na comarca do Salnés.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Mecos FG Ogrobe creárono un grupo de mozos da zona, co obxectivo de popularizar e estender o fútbol gaélico entre a mocidade galega. O 5 de novembro de 2012 comezou a xestarse a idea do equipo. O día 24 de novembro decídese dar o paso da creación do equipo, cun grande apoio popular, e o día 22 de decembro de 2012 comezaron os adestramentos.

O 9 de marzo de 2013 xunto cos equipos A Coruña Fillos de Breogán e Irmandinhos A Estrada constitúen a Asociación Galega de Fútbol Gaélico.

O 23 de marzo de 2013 os Mecos xogaron o primeiro partido da súa historia contra os Ártabros de Oleiros no que foi tamén o seu primeiro partido oficial na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7.

O 22 de xuño de 2013 os Mecos remataron a primeira tempada da súa historia cun 4º posto na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 sendo o único equipo que acadou vencer os campións, os Bráithreachas da Estrada.

En xuño de 2013 crease o equipo feminino, o Mecas F.G., que conta cunhas 20 xogadoras. As Mecas forman parte da Liga Galega de Fútbol Gaélico Feminina, que na súa primeira edición tan só tiña 3 equipos, pero na que actualmente compiten 7 equipos galegos. Participan, ademais, na Copa Galega de Fútbol Gaélico Feminina e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico Feminino.

Na tempada 2013/14 a marcha dos equipos foi moi irregular rematando as súas respectivas ligas cun 3º posto no caso do equipo feminino e un 4º posto no caso do masculino. Porén os resultados da Copa Galega de Fútbol Gaélico foron sensiblemente mellores no caso do equipo masculino que acadou o 3º posto nun campionato con 8 equipos, o que acudían en cadro debido ás numerosas baixas, o equipo feminino rematou a copa en 4º lugar.

Na tempada 2015/2016 o equipo masculino viuse relegado á segunda división tras unha mala tempada e mesmo incorrer nunha aliñación indebida nun partido que rematara con vitoria.

Nesta tempada 2016/2017 o equipo volveu á primeira división logo dunha gran tempada na que so foi derrotado en dúas ocasións.

Dende 2013 conta ademais cun grupo de nenos e nenas de distintos colexios do Grove que todas as semanas se forman na práctica deste deporte.

Clasificación feminina[editar | editar a fonte]

2013/2014[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico

2014/2015[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico (combinado con Auriense FG)

Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2015/2016[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

2016/2017[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Clasificación masculina[editar | editar a fonte]

2013[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7

Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2013/2014[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico

2014/2015[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico

10º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2015/2016[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

2016/2017[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División

Títulos[editar | editar a fonte]

1 Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camisola metade azul mariño e metade azul mar. Pantalón azul mariño. Medias azul mariño.
  • Uniforme alternativo: Camisola metade branca e metade azul mar. Pantalón branco. Medias azul mar.

Xogadores/as[editar | editar a fonte]

Cadro Feminino 2013/14[editar | editar a fonte]

Datos do 1 de xaneiro de 2017.
Posto País Xogador
1 POR Galicia Carmen María Campos Domínguez
5 DEF Galicia Andrea Campos Domínguez Capitán
13 DEF Galicia Alba Portasany Figueiro
14 MED Galicia Jessica Piñeiro Parada
17 DEF Galicia Agueda Gondar Prieto
19 DIA Galicia Sara Vidal Núñez
Posto País Xogador
21 MED Galicia Eva Gómez Campelo
22 MED Galicia Sara Pérez Fernández
26 MED Galicia Sandra Otero Lois
55 DIA Galicia Xeila Iglesias Rey
73 DIA República Popular da China Giulia Ruan

Cadro Masculino 2013/14[editar | editar a fonte]

Datos do 1 de xaneiro de 2017.
Posto País Xogador
1 POR Galicia Robin Prol Devesa
2 DIA Galicia Dani Costas
4 DEF Galicia Luis Enrique Álvarez Cameselle
5 DIA Inglaterra Alex Cornes Naish
7 DEF Galicia Asís Rey Cabanas
8 MED Galicia Erik García Otero
10 DIA Galicia Iván Villalón Costa
12 MED Galicia Rubén Iglesias
13 DIA Galicia Álvaro Ramos Caneda
Posto País Xogador
14 POR Galicia Anxo López Vale
21 MED Galicia Mario Iglesias Señoráns
22 DEF Galicia Ricardo Garrido Caneda
23 MED Galicia Carlos Iglesias Parada
25 DEF Galicia Iñaki Da Silva Pérez Capitán
33 MED Galicia Rubén Pérez Prieto Capitán
69 DIA Galicia Eduardo Domínguez Otero
87 DEF Galicia Pablo Millán Guillán
98 MED Galicia Gonzalo Magdalena García
101 BANQUILLO Galicia Severino "seve", tamén coñecido por "como era o exercicio?"

  • Capitán Capitán

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Técnico
Adestradores Rubén Pérez Prieto "Rubio" (masculino),

Francisco González Costa (feminino)

Adestrador asistente Anxo López Vale
Adestrador de porteiros Anxo López Vale
Preparador físico Ricardo Garrido Caneda
Delegado Álvaro Ramos Caneda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]