Pontevedra Fútbol Gaélico
Pontevedra Fútbol Gaélico | |||
---|---|---|---|
Nome | Pontevedra Fútbol Gaélico. | ||
Alcume(s) | O Glorioso | ||
Fundación | 2013 | ||
Estadio | Campo Príncipe Felipe (Mourente) | ||
Capacidade | 500 espectadores | ||
Propietario | Deputación de Pontevedra | ||
Presidente | Nano Martínez | ||
Adestrador | Mónica González | ||
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico de Primeira División | ||
2016/17 | 5º (masculino) 2º (feminino) | ||
Vestimenta | GSS | ||
Na rede | |||
https://gaelicopontevedra.com | |||
| |||
O Pontevedra FG é un equipo de fútbol gaélico formado no ano 2013 na cidade de Pontevedra. Compite na Liga Galega de Fútbol Gaélico, Copa Galega de Fútbol Gaélico e Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico.
Historia
[editar | editar a fonte]A comezos de 2013, varios rapaces pontevedreses comezaron a interesarse por este deporte practicamente descoñecido na cidade, e que comezaba a ser practicado nalgunhas vilas do país, atraídos por un deporte popular que conserva os seus valores orixinais e que supuña unha alternativa aos deportes máis seguidos da cidade. Este grupo de mozos comezou a traballar para poder ir facendo adestramentos. Pouco tempo despois, o seu traballo daba resultado, e un grupo dunhas dez persoas comezaba co proxecto. Tras varias reunións, decidiuse adoptar o nome da cidade para o club, así como facer clara referencia á mesma no escudo; para as cores, o verde. O 9 de marzo do 2013, o Pontevedra Fútbol Gaélico botaba andar[1]. Nos comezos adestraban nun pequeno campo abandonado situado na Barca, no concello de Poio, sen vestiarios nin duchas, coa herba en bastante mal estado, e moi próximo á autoestrada. Co tempo, este pequeno campo foi denominado cariñosamente coma "O Patatal". Logo de varios meses no "Patatal", e coa Liga Galega de Fútbol Gaélico xa a piques de comezar, comezaron a adestrar nos campos da Xunqueira. Por incompatibilidade de horarios víronse na obriga de xogar no campo do Carrasco en Marcón os partidos de liga. Na tempada 2014/15 o club consolidouse coa creación do equipo feminino[2]. Durante tres anos o equipo masculino mantívose en primeira división, até a súa desaparición en verán de 2017. Na tempada 2017/18 competiu só o equipo feminino.
Clasificación
[editar | editar a fonte]2013/2014
[editar | editar a fonte]- 5º Liga Galega de Fútbol Gaélico
- 5º Copa Galega de Fútbol Gaélico
- 9º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico
2014/2015
[editar | editar a fonte]2015/2016
[editar | editar a fonte]- 4º Liga Galega de Fútbol Gaélico de Primeira División
- 5º Copa Galega de Fútbol Gaélico
- 6º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico fase Galega.
Uniforme
[editar | editar a fonte]Uniforme titular: Camisola verde con liñas horizontais nun verde máis claro. Pantalón verde. Medias verdes.
Uniforme alternativo: Camisola granate con liñas horizontais en verde claro. Pantalón verde. Medias verdes.
Xogadoras
[editar | editar a fonte]- Datos de xaneiro de 2018
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pontevedra terá un equipo na Liga Galega de Fútbol Gaélico", artigo en Pontevedra Viva, 20 de setembro de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 25 de agosto de 2014.