Leucismo
Aparencia

O leucismo (do grego antigo λευκóσ leukós, branco, e -ismo) é unha particularidade xenética debida a un xene recesivo, que dá unha cor branca á pelaxe dos mamíferos, á plumaxe das aves (os ollos manteñen a súa cor normal, a diferenza dos albinos), e incluso á pel dalgúns réptiles, anfibios e peixes.
O adxectivo para referirse aos animais que presentan este fenómeno é leucístico.
O leucismo é diferente do albinismo: os animais leucísticos non son máis sensíbeis á luz do sol que o resto. Pola contra, poden ser incluso lixeiramente máis resistentes, xa que ao teren a cor branca un albedo elevado protexe máis da calor.
O contrario do leucismo é o melanismo.
Galerías
[editar | editar a fonte]- Mamíferos leucísticos
- León no zoo de Bratislava
- Reno no Wagon Trails Animal Park
- Cabalo leucístico
- Aves leucísticas
- Pavo cristatus
(pavón) - Emberiza schoeniclus (escribenta das canaveiras)
- Corvus monedula
(gralla cereixeira) - Anas platyrhynchos
(lavanco)
- Réptiles a anfibios leucísticos
- Ambystoma mexicanum femia
- Peixes leucísticos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leucismo |