Conversa:Leticia Santos Paz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lugar de nacemento[editar a fonte]

Polo que se conta, parece que o lugar de nacemento que debería figurar correspondería a Moaña (coa indicación da parroquia, se se sabe). Que para o parto se desprazase a nai ao hospital de Vigo carece de importancia, penso eu. É que, se non, desaparecerían case todos os concellos como lugar de nacemento para case todas as persoas menores de 40 anos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 176.85.16.1 (conversacontribucións)

O lugar de nacemento legalmente non é onde se nace é o concello onde se realiza a inscrición de nacemento, Non sei se é este o caso pero se está rexistrada en Moaña ten que figurar Moaña como lugar de nacemento.--HacheDous=0 (conversa) 15 de setembro de 2016 ás 16:53 (UTC)[responder]

Naceu nun hospital[editar a fonte]

Eliminei o que indicaba que naceu no Hospital de Vigo, desde o meu punto de vista o único que fai é confundir, o artigo creouse inicialmente naceu en Moaña pero como figuraba o dato máis abaixo: "naceu no hospital de Vigo" un usuario modificou para encabezar o artigo "naceu en Vigo". Na época contemporáneo e en todas a biografías da Galipedia e do resto das wikipedias e tamén por suposto legalmente o nacemento non é onde se produce o parto é onde se inscribe o nacemento. A non ser que nacer no hospital de Vigo, SAntiago, Lugo... sexa un dato relevante por algunha causa en especial penso que en xeral ese tipo de información non achega nada a unha biografía.--HacheDous=0 (conversa) 15 de setembro de 2016 ás 17:03 (UTC)[responder]