Leopoldo García Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeopoldo García Ortega
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Traspinedo, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 2008 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Leopoldo García Ortega, nado en Traspinedo (provincia de Valladolid) o 15 de novembro de 1919 e finado en Vigo o 17 de xullo de 2008, foi un industrial e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 5 anos trasladouse coa familia a Valladolid, onde se afiliou ás Juventudes Libertarias e á Confederación Nacional do Traballo. En 1933 marchou traballar a Madrid como albanel, militando no Sindicato da Construción da CNT. Trasladouse a Oviedo e despois a Sama de Langreu. Foi detido durante a folga xeral revolucionaria de 1934 e internado no Hospicio Provincial de Valladolid por ser menor de idade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22, ingresando nas cocheiras de tranvías de Valladolid, habilitadas como prisión. Permaneceu alí ata outubro de 1938, cando foi enviado á fronte de Teruel encadrado nun Batallón de Recuperación. Finalizada a guerra permaneceu no exército franquista cumprindo o servizo militar, licenciándose a finais de 1944. En 1945 interveu na reorganización do Sindicato da Construción e Oficios Varios da CNT de Valladolid. En 1955 trasladouse a Vigo por motivos laborais. Foi xerente dunha empresa da construción e participou nas actividades clandestinas anarquistas. En xullo de 1960 foi detido con Víctor Francisco Cáceres e Dalmacio Bragado. Estableceu o colexio mixto Curros Enríquez en Candeán, no que estiveron refuxiados Joaquín Delgado e Francisco Granados, anarquistas que foron executados en Madrid o 18 de agosto de 1963 acusados de poñer unha bomba na Sección de Pasaportes da Dirección Xeral de Seguridade en Madrid. Foi candidato a procurador en Cortes polo terzo familiar pola provincia de Pontevedra con Indalecio Tizón Covelo en 1967,[1] aínda que finalmente retiraron as súas candidaturas ao non admitir a Xunta provincial do Censo os seus folletos de propaganda.[2] Polos contactos que mantivo cos socialistas do interior en Madrid e do exilio en Tolosa, incorporouse á organización socialista clandestina en Vigo en 1972, participando na creación de grupos socialistas pola provincia de Pontevedra. Restablecida a democracia foi presidente das Comisiones Executivas do PSOE e da UGT de Vigo, presidindo tamén o Congreso fundacional do Partido dos Socialistas de Galicia. En xuño de 1977 abandonou o PSOE por discrepancias coa estratexia da dirección do PSdeG,[3] participando desde ese momento só na UGT. Nos últimos anos colaborou coa recuperación da memoria histórica colaborando coa Asociación Viguesa pola Memoria do 36 da que foi vicepresidente en 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 4-10-1967, p. 7.
  2. La Noche, 5-10-1967, p. 7.
  3. Abandonou o PSOE con Francisco Osorno e ambos manifestaron: «Es imposible nuestra incorporación al PSOE mientras en el mismo militen determinadas personas. No hemos roto nuestro carné, lo conservamos como algo entrañable de nuestra militancia antes de que tanto pillo y tanto arribista se colocara en el PSOE». "Más de la mitad de los militantes del PSOE de Vigo ingresaron en el partido a partir de 1982", La Voz de Galicia, 2-9-1986, p. 19.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]