Leoncio Virgós Guillén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leoncio Virgós Guillén
Leoncio Virgós Guillén no Álbum da ciencia.jpg
Nacemento20 de febreiro de 1882
 Velilla de Ebro
Falecemento2 de novembro de 1938
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfarmacéutico e político
FillosTirso Virgós Pintos
editar datos en Wikidata ]

Leoncio Virgós Guillén, nado en Velilla de Ebro (Provincia de Zaragoza) o 20 de febreiro de 1882 e finado en Buenos Aires o 2 de novembro de 1938[1], foi un farmacéutico, médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eusebio Virgós Esteban. Chegou de mozo a Santiago de Compostela onde se licenciou en Farmacia e Medicina na USC e tamén se fixo mestre. Doutorouse en Farmacia na Universidade de Madrid. Retornou a Santiago e foi profesor auxiliar de Química Orgánica e logo agregado da cátedra de Química Inorgánica na Facultade de Farmacia dende 1919. Foi tamén subdelegado de Farmacia. Tivo tres farmacias en Santiago. Na da Senra instalou un laboratorio de especialidades onde elaborou diversos produtos que el mesmo desenvolveu (Strombonal, Sadofán, Sal-vir, o tónico Jarabe Doré e o Invulnerable Doré).

Foi militante do Partido Socialista e presidente da Federación de Entidades Socialistas Obreras, Agrarias y Marineras de la Comarca de Santiago (1931). Na trastenda da súa farmacia celebrábanse a miúdo reunións de socialistas composteláns. Ao comezo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e permaneceu agochado ata que conseguiu embarcar, vía Vigo, para exiliarse na Arxentina. Alí gañou unha praza na policía militar e permitíronlle ter unha caixa de urxencias. Foi destinado finalmente a Los Menucos (Wieman) na Patagonia onde tamén exerceu como médico. Morreu a causa dunha pneumonía en Buenos Aires o 2 de novembro de 1938. Sufriu represión económica post-mortem por parte do Tribunal de Responsabilidades Políticas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Amelia Pintos Reyno en 1902[2] e foi pai de Fernando e Tirso Virgós Pintos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]