Leonardo Santamarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leonardo Santamarina
Nacemento7 de marzo de 1912
Lugar de nacementoA Fonsagrada
Falecemento12 de febreiro de 1987
Lugar de falecementoNew Brunswick
NacionalidadeEspaña e Estados Unidos de América
Ocupaciónmestre e político
IrmánsEnrique Santamarina Becerra
editar datos en Wikidata ]

Leonardo Santamarina Becerra, nado na Fonsagrada o 7 de marzo de 1912 e finado en New Brunswick (Nova Jersey) o 12 de febreiro de 1987, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse como mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela. Traballou como mestre e estaba matriculado na Sección de Pedagoxía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Incorporouse ao exército leal e traballou nas oficinas da sección de artillería en Lorca. Chegou a ser capitán de Artillería. Ao derrubarse a República exiliouse en Cuba onde traballou como mestre e doutorouse na Universidade da Habana. En 1945 marchou aos Estados Unidos de América onde foi profesor de Lingua e Literatura española no Douglass College de New Brunswick.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi irmán do veterinario Enrique Santamarina Becerra, e tío do filólogo Antón Santamarina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]