Leon Boga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeon Boga
Nome orixinal(rup) Leonida T. Boga Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1886 Editar o valor em Wikidata
Veles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1974 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Vaslui, Romanía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo arromanés Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , historiador , arquiveiro , escritor Editar o valor em Wikidata

Leon Boga (Leonida T. Boga, Nida Boga), nado o 12 de xaneiro de 1886 en Veles (Macedonia) e finado en 1974 en Vaslui, foi un historiador e escritor arromanés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leonida T. Boga naceu na vila de Veles, entón parte da Macedonia otomá, e no século XXI dentro de Macedonia do Norte. Realizou os estudos primarios na súa localidade natal, recibindo as clases primeiro en grego, e máis tarde en romanés. A secundaria fíxoa nun liceo romanés en Bitola. E tras rematar estudou xeografía e historia en Bucarest.

Traballou como mestre en diferentes localidades de Romanía. Loitou co exército romanés na segunda guerra balcánica, en 1913, e na primeira guerra mundial, 1916-1918. Neste último conflito participou nas batallas de Namoloasa e Mărăşeşti, xunto con outros voluntarios arromaneses de Macedonia. Foi director do arquivo estatal en Chisinau e dende alí apoiou o proceso de unificación de Besarabia con Romanía.[1] No período de entreguerras traballou como profesor na escola Alexandru Donici de Chisinau. Despois da segunda guerra mundial viviu en Bucarest, e tras a morte da súa muller en Ploiesti, residiu coa súa filla Silvia. Despois da súa morte mudouse para Vaslui, morando co seu fillo, o médico Nicolae Boga. Nos veráns retirábase ao mosteiro de Agapia.

Actividade literaria e historiográfica[editar | editar a fonte]

O seu comezo literario foi na revista mensual Lumina mentres estudaba no liceo de Bitola e durante a súa mocidade escribiu en diversas publicacións e calendarios publicados por asociacións de estudantes. Nas súas obras en romanés asinou como Leon Boga ou L. T. Boga" mentres en arromanés fíxoo como, Nida Boga.

Publicou os volumes en arromanés La hane,  comedia en verso,  Revoluționarii, comedia e Cîntițe, poemas. En romanés publicou o volume Întomnare. No campo historiográfico  públicou: Românii din Macedonia, Epir, Tesalia și Albania, Românii din Serbia și Bulgaria. Editou 20 volumes de Documente basarabene entre 1926 e 1936.[2] e en colaboración con Ioan Minea públicou Despre Iane.

Así e todo a súa obra de máis sona é póstuma, trátase da epopea en sonetos Voshopolea, escrita en arromanés. En 1975 Hristu Cândroveanu publicou os primeiros 10 sonetos na Antologie lirică aromână, coa tradución en romanés. Hristu Cândroveanu e Kira Iorgoveanu publicaron os catro cadernos manuscritos na súa antoloxía de 1985, tamén traducidos por Cândroveanu. Este compara a epopea coa Ilíada de Homero e o antigo Mahabharata indio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simov, Iordan. Macedonenii în lupta pentru Basarabia (1917-1918). - În: DILEMELE conviețuirii în procesul modernizării societății românești în spațiul est-carpatic : (secolele XIX-XX), Volum coordonat de Cătălin Turliuc și Mihai-Ștefan Ceaușu, Iași, 2011, p. 476.
  2. Colesnic, Iurie. Generația Unirii, Chișinău, 2004, p. 121