Leifr Eiríksson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leifr Eiríksson
Nacementoc. 970
Lugar de nacementoComunidade Islandesa e EiríksstaðIr
Falecementoc. 1020
Lugar de falecementoBrattalid e Groenlandia
NacionalidadeComunidade Islandesa
Relixióncristianismo e Paganismo nórdico
Ocupaciónexplorador e navegante
PaiErik o Roxo
IrmánsFreydís Eiríksdóttir, Thorvald Eiriksson e Thorstein Eiriksson
Na rede
WikiTree: Eiríksson-79 Find a Grave: 22103714 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leif Eriksson ou Leifr Eiríksson en nórdico antigo significando O afortunado, nado en 970 e morto en 1020, foi un explorador viquingo, con gran sona a raíz da súa viaxe a América.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Islandia. Fillo do explorador noruegués Erik o Vermello, continuou a tarefa de colonización cara ao oeste iniciada polo seu pai. Arredor do ano 1000, guiado polos relatos do comerciante Bjarni Herjólfsson, dirixiuse cara ao oeste e pasou un inverno nunha terra á que nomeou Vinlandia e que describiu como abundante en salmóns e pasteiros. O campamento constituiría o primeiro asentamento europeo en América, cincocentos anos antes de que Cristovo Colón chagase. O seu irmán Thorvald Eriksson foi o primeiro europeo en ter contacto con amerindios, e tamén a súa primeira vítima. O campamento, Leifbundir, estaba situado no extremo norte da illa de Terra Nova, no lugar coñecido actualmente como L'Anse aux Meadows e durou só unhas décadas antes de ser abandonado, por mor da agresividade dos indíxenas e pola continua fustrigación que sufrían os colonizadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]