Leifr Eiríksson
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 972 Mancomunidade Islandesa |
| Morte | c. 1020 Brattalid |
| Relixión | Catolicismo e Paganismo nórdico |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador, guerreiro, navegante, descubridor |
| Familia | |
| Pais | Erik o Roxo |
| Irmáns | Thorsteinn Eriksson Thorvald Eiriksson Freydís Eiríksdóttir |
| Descrito pola fonte | Leif Eriksson (c. 975–1025), explorer and discoverer of America (en) Encyclopædia Britannica |
Leif Eriksson ou Leifr Eiríksson en nórdico antigo significando O afortunado, nado en 970 e morto en 1020, foi un explorador viquingo, con gran sona a raíz da súa viaxe a América.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Islandia. Fillo do explorador noruegués Erik o Vermello, continuou a tarefa de colonización cara ao oeste iniciada polo seu pai. Arredor do ano 1000, guiado polos relatos do comerciante Bjarni Herjólfsson, dirixiuse cara ao oeste e pasou un inverno nunha terra á que nomeou Vinlandia e que describiu como abundante en salmóns e pasteiros. O campamento constituiría o primeiro asentamento europeo en América, cincocentos anos antes de que Cristovo Colón chagase. O seu irmán Thorvald Eriksson foi o primeiro europeo en ter contacto con amerindios, e tamén a súa primeira vítima. O campamento, Leifbundir, estaba situado no extremo norte da illa de Terra Nova, no lugar coñecido actualmente como L'Anse aux Meadows e durou só unhas décadas antes de ser abandonado, por mor da agresividade dos indíxenas e pola continua fustrigación que sufrían os colonizadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Leifr Eiríksson |