Lebogang Mashile
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de febreiro de 1979 Pawtucket |
| Residencia | Xohanesburgo |
| Educación | Universidade de Witwatersrand - dereito |
| Altura | 157 cm |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Actividade | |
| Ocupación | presentadora (2008–2009), activista, produtor, música, actriz, escritora, poetisa |
| Participou en | |
| 2009 | Festival Nacional das Artes de Suráfrica |
| 2008 | Festival Nacional das Artes de Suráfrica |
| 2004 | inauguración |
| Premios | |
| |
Lebogang Mashile, nada nos Estados Unidos de América o 7 de febreiro de 1979, é unha actriz, escritora e presentadora surafricana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pai e nai exiliados, que regresaron a Suráfrica a mediados da década de 1990 tras a fin do apartheid.[2] Comezou a estudar Dereito e Relacións Institucionais na Universidade de Witwatersrand, pero deixouna para dedicarse á arte. Canda a Myesha Jenkins, Ntsiki Mazwai e Napo Masheane fundoiu o grupo poético Feela Sistah.[3]
En 2004 apareceu no filme Hotel Rwanda, e actuou en numerosas producións teatrais, como Threads,[4] onde combina danza, música e poesía. Gravou un disco de actuacións en directo que xunta poesía e música, chamado Lebo Mashile Live.[3] Coproduciu e presentou o programa documental L’Attitude en SABC 1[1] e presentou o programa concurso Drawing the Line en SABC 2.[3]
En 2005 publicou o seu primeiro poemario, In a Ribbon of Rhythm,[5] polo cal recibiu o Premio Noma en 2006.[3] En 2016 editou un EP co músico e produtor Majola.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]- In a Ribbon of Rhythm (2005, poesía)
- Flying Above the Sky (2008, poesía)[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Lebo Mashile". South African TV Authority.
- ↑ "Lebo Mashile". Badilisha Poetry X-change.
- 1 2 3 4 "Lebogang Mashile". South African History Online.
- ↑ Matsitle, M. (xullo de 2015). "Lebo Mashile weaves her remarkable magic". The Journalist.
- ↑ "In A Ribbon Of Rhythm" en Goodreads.
- ↑ " Majola and Lebo Mashile release E.P" Arquivado 19 de outubro de 2021 en Wayback Machine., Artlink.
- ↑ "Flying Above the Sky" en Goodreads.