Laura Gemser (nada en 1950 en Xava, Indonesia), é unha actriz erótica, considerada unha das iconas eróticas dos 1970s.
Logo de traballar de modelo en varias revistas dos Países Baixos, Gemser comeza a actuar en filmes eróticos, acadando o recoñecemento internacional coa serie de Emanuelle Negras. A maioría dos filmes nos que interveu dirixiunos Joe d'Amato e considéranse hoxe clásicos do erotismo italiano.