Laura Gómez-Lacueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Gómez-Lacueva
Biografía
Nacemento(es) Laura Gómez-Lacueva Peralta Editar o valor em Wikidata
24 de febreiro de 1975 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 2023 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor em Wikidata - 2023 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblauragomezlacueva.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2355512 Instagram: laugomezlacueva Editar o valor em Wikidata

Laura Gómez-Lacueva, nada en Zaragoza o 24 de febreiro de 1975 e finada no mesmo lugar o 30 de marzo de 2023, foi unha actriz española de teatro, cine e televisión.[1] En TV formou parte do elenco de La que se avecina e de El Pueblo, así como do equipo do programa de humor Oregón Televisión (TV) de Aragón TV, onde interpretaba varios personaxes fixos populares, como a avoa da familia Gálvez, Adela ou E.T.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a súa formación como actriz en 1994 na Escola Municipal de Teatro de Zaragoza, onde permaneceu durante tres anos.[3] Completou os seus estudos entre Zaragoza, Madrid e París (Francia), con cursos de commedia dell´arte, danza, canto, clown, dramaturxia e cinematografía.[4]

En 1998, creou a súa propia compañía de clown, Muac Teatro, canda Ana García.[5] En 2011, formou unha nova compañía, Nueve de Nueve Teatro, xunto a Jorge Usón, Carmen Barrantes e Hernán Romero.[6] Desde 2008, formaba parte do equipo do programa de humor Oregón Televisión (TV) de Aragón TV.[7]

En televisión, interveu en series como Aída (2014), La zona (2017), El último show (2020) e Cuéntame cómo pasó (2021).[8] Entre as súas últimas participacións en televisión, figuran as series El pueblo, á que se incorporou na terceira tempada; e La que se avecina, interpretando un dos once novos personaxes da décimo terceira tempada.[9][10]

No cinema, participou en filmes como De tu ventana a la mía (2011) e La novia (2015), de Paula Ortiz, Incierta gloria (2017), de Agustí Villaronga e El reino (2018), de Rodrigo Sorogoyen.[11] En 2020, tivo o seu primeiro papel protagonista na longametraxe Historias lamentables, de Javier Fesser, polo que recibiu o Premio Yago a "Non Nomeada",[12] onde encarnaba a Tina, unha muller de pouca empatía e forte carácter proxectado no seu encontro con Ayoub, un africano sen papeis. Ese mesmo ano interpretou unha das monxas de Las niñas, película dirixida por Pilar Palomero gañadora de catro Premios Goya.[13][14]

En abril de 2022, interveu no Festival Lux In Tenebris, no mosteiro de Uclés (Cuenca), onde interpretou textos baseados na liturxia dos oficios da Semana Santa pero cunha visión moderna.[15]

Participou na formación de La Extinta Poética, compañía nada tras a experiencia da obra teatral homónima do dramaturgo Eusebio Calonge, dirixida por Paco de la Zaranda para a compañía Nueve de Nueve.[16][17][18] Promoveu creacións propias e actuou en máis de vinte montaxes teatrais con: Hola Clavel producciones, El Gato negro, Teatro del Temple, Los McClown, Teatro de la Ribera, Tranvía Teatro, Ciudad Interior, Luna de Arena e Teatro del Alba.[19]

Faleceu o 30 de marzo de 2023 aos 48 anos tras unha longa loita contra o cancro.[20]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Película Director Personaxe
2022 Plastic Killer (curtametraxe) José Pozo Amparo de Dios
2022 El Umbral (curtametraxe) Javier Carneros Veciña
2021 Parresia (curtametraxe) Ignacio Lasierra Inma
2020 Las niñas Pilar Palomero Madre Soledad
2020 Marcelino, el mejor payaso del mundo (documental) Germán Roda Louisa Johnson
2020 Historias lamentables Javier Fesser Tina
2018 El reino Rodrigo Sorogoyen Lourdes
2018 Los Futbolisimos Miguel Ángel Lamata Serventa Chacón
2018 La tierra muerta (curtametraxe) Sergio Duce Milana
2017 Miau Ignacio Estaregui Vicenta
2017 Incierta gloria Agustí Villaronga Anarquista
2017 40 días de niebla (curtametraxe) Lorenzo Montull
2015 La novia Paula Ortiz Moza
2015 Bendita calamidad Gaizka Urresti Garda Civil
2015 Refugios Alejandro Cortés Muller local
2014 Justicia Ignacio Estaregui Irmá de Justino
2014 Espera un segundo (curtametraxe) Germán Roda
2012 El encamado Germán Roda Enfermeira
2011 De tu ventana a la mía Paula Ortiz Pilar
2008 Niño balcón (curtametraxe) Paula Ortiz Nai
2006 Por tres botes de anchoas Pilar Gutiérrez

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Serie Personaxe Canle Notas
2022 La que se avecina María José «Mariajo» Soler Telecinco
Prime Video
1 episodio
Greta Garmendia Pérez-Yuste 8 episodios
2021-2023 El pueblo María José «Mariajo» Soler Telecinco
Prime Video
15 episodios
2021 Cuéntame cómo pasó Terrorista do GRAPO La 1 1 episodio
2020 El último show Laura Mur Aragón TV 8 episodios
2017 La zona Ana Movistar Plus+ 2 episodios
2014 Aída Doutora Dolores Sierra Telecinco 1 episodio
2008-2023 Oregón TV Adela, E. T., Jacinta Gálvez, Elvira e moitos máis personaxes Aragón TV 571 episodios
2006-2007 Vaya Comunidad Decenas de personaxes Aragón TV
2006 3 eran tres Merche Aragón TV

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Obra Director Compañía
2020-2023 Convertiste mi luto en danza Paco de La Zaranda La Extinta Poética
2016-2019 La Extinta Poética Paco de La Zaranda Nueve de nueve Teatro
2018-2019 Gala contra Gala Javier Macipe Fundación Antonio Gala
2016-2017 Radio Tarumba 84 punto pues Producciones Hola Clavel
2014 Una de espías Alberto Castrillo-Ferrer Gato Negro
2011-2014 Al Dente Alberto Castrillo-Ferrer Nueve de nueve Teatro
2008-2010 Mc Mix. 8 años y un día Amparo Nogués Los McClown
2006-2010 En pie de guerra Amparo Nogués Los McClown
2008 75 % Carlos Martín El Temple
2008 Mundo enfermo. De Ayerbe a Manhattan Amparo Nogués Los McClown
2005-2007 Sonetos de amor y otros delirios Carlos Martín El Temple
2006 Cer das Alfonso Pablo Muac Teatro
2004-2006 Cómo sobrellevar el fin del mundo Muac Teatro Muac Teatro
2004-2006 Comiendo paredes Alfonso Pablo Muac Teatro
2003-2005 La Biblia según San Clown Amparo Nogués Los McClown
2001-2004 Los hermanos Marx esperando a Godot Carlos Martín El Temple
2003 Mujeres, sexo y diálogos de salón Luis Merchán Ciudad Interior
2001-2003 Morros de col Amparo Nogués Muac Teatro
1998-2003 Thelma y Louise Muac Teatro Muac Teatro
2000-2002 Cinema Maravillas Amparo Nogués Los McClown
2000 El Gran Teatro del Mundo Félix Martín Teatro Luna de Arena
1999 Las burlas de las mujeres Pilar Laveaga Teatro de la Ribera
1999 La Venganza de Don Mendo Rafael Campos Tranvía Teatro
1999 Melocotón en Almíbar Rafael Campos Tranvía Teatro
1998 Luces de Bohemia Rafael Campos Tranvía Teatro
1998 Más o menos Shakespeare Rafael Campos Tranvía Teatro
1998 Tres sombreros de copa Rafael Campos Tranvía Teatro
1997 Farsa de espectros Rafael Campos Tranvía Teatro
1997 Robinson de Cabaret Rafael Campos Tranvía Teatro
1995 Yerma Santiago Meléndez Teatro del Alba

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premios Simón[21][22]
Ano Categoría Película Resultado
2020 Mellor Actriz Marcelino, el mejor payaso del mundo
2021 Mellor Actriz Parresia
Certame de Curtametraxes de Bujaraloz
Ano Categoría Película Resultado
2022 Mellor Interpretación Plastic Killer
Festival de Cine de Zaragoza
Ano Categoría Película Resultado
2022 Mellor Interpretación Plastic Killer
Girona Film Festival
Ano Categoría Película Resultado
2022 Mellor Interpretación Feminina Plastic Killer
Festival Ibérico de Cine - Premios AISGE
Ano Categoría Película Resultado
2022 Mellor Interpretación Feminina Plastic Killer
Festival de Cine de Comedia de Tarazona e o Moncayo ‘Paco Martínez Soria’
Ano Categoría Película Resultado
2022 Mellor Actriz Plastic Killer
2021 Talento Aragonés Traxectoria
Premios Yago
Ano Categoría Película Resultado
2021 Non Nomeada Historias Lamentables

En 2018, Gómez-Lacueva recibiu o premio Augusto de Apoio ao Audiovisual Aragonés na XXIII edición do Festival de Cine de Zaragoza.[23][24] En 2021, foi galardoada co Premio Yago a Non Nomeada polo seu traballo en Historias lamentables, de Javier Fesser, e co Premio Talento Aragonés no XVIII edición do Festival de Cine de Comedia de Tarazona e o Moncayo Paco Martínez Soria.[12][25][26] Ao ano seguinte, en 2022, recibiu o premio Villa de la Almunia da XXVI edición do FESCILA,[27][28] e pola curtametraxe Parresia, de Ignacio Lasierra, o premio a Mellor Actriz na XI edición dos Premios Simón do cine aragonés e no Festival de Fuentes de Ebro.[29][30] Tamén en 2022, pola curta Plastic Killer, de José Pozo, obtivo o premio a Mellor Actriz na XIX edición do Festival de Cine de Comedia de Tarazona e o Moncayo,[31] así como o premio AISGE á Mellor Interpretación Feminina por devandito papel no Festival Ibérico de Cine.[32] En 2022 foi nomeada Dama de Honra na XVII edición das Alfonsadas de Calatayud.[33]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santos, Javier Aguirre. "Del patio de casa a los grandes escenarios. Entrevista a Laura Gómez-Lacueva". Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  2. FormulaTV. "Laura Gómez-Lacueva" (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  3. "Fallece a los 48 años la actriz aragonesa Laura Gómez-Lacueva". www.arainfo.org (en castelán). 30 de marzo de 2023. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  4. Aragón, Heraldo de. "Laura Gómez-Lacueva: "Mentía a mi padre para poder hacer teatro"" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2022. 
  5. Aragón, Heraldo de. "Laura Gómez-Lacueva: "estoy entre dos tierras y soy muy feliz"" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  6. "Laura Gómez-Lacueva: "En el verano soy consciente del paso del tiempo"". Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  7. FormulaTV. "Laura Gómez-Lacueva" (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  8. Aragón, Heraldo de. "La actriz Laura Gómez-Lacueva, una participación explosiva en ‘Cuéntame'" (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  9. "¿Quién es Laura Gómez-Lacueva, la nueva incorporación de 'La que se avecina'?" (en castelán). 21 de abril de 2022. Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  10. Aragón, Heraldo de. "Laura Gómez-Lacueva, nuevo fichaje de 'La que se avecina': "Va a ser una etapa muy bonita"" (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  11. Aragón, Heraldo de. "Laura Gómez-Lacueva: “Me dicen que 'El reino' es un peliculón”" (en castelán). Consultado o 2022-09-03. 
  12. 12,0 12,1 "Laura Gómez-Lacueva se lleva el Premio Yago a 'no nominada'". 
  13. "Laura Gómez-Lacueva: "Trabajar con Fesser me parece un sueño"" (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  14. Marisa, Ana y (26 de abril de 2020). ""Siempre me ha gustado actuar, no me imagino haciendo otra cosa"" (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  15. Aragón, Heraldo de. "La actriz Laura Gómez-Lacueva coquetea con la música sacra" (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  16. "LA EXTINTA POÉTICA no Teatro Español". www.madridesteatro.com (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2022. 
  17. "Convertiste mi luto en danza". www.juntadeandalucia.es (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2022. 
  18. Aragón, Heraldo de. "La compañía La Extinta Poética se estrena el viernes en las Esquinas" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2022. 
  19. "Laura Gómez-Lacueva". www.luxintenebris.es (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2022. 
  20. "Fallece la actriz zaragozana Laura Gómez-Lacueva". Aragondigital.es. 30 de marzo de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  21. "Listado de nominaciones por categorías a los X Premios Simón del Cine Aragonés". Academia del Cine Aragonés. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2022.  Parámetro descoñecido |urlarchivo= ignorado (suxírese |url-arquivo=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaarchivo= ignorado (suxírese |data-arquivo=) (Axuda); Parámetro descoñecido |ubicación= ignorado (suxírese |lugar=) (Axuda)
  22. "Palmarés XI edición de Los Premios Simón 2022". Academia del Cine Aragonés.  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |ubicación= ignorado (suxírese |lugar=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  23. "Edición 23" (en castelán). Consultado o 2022-09-05. 
  24. "El Festival de Cine de Zaragoza premiará a tres mujeres" (en castelán). 2018-11-08. Consultado o 2022-09-05. 
  25. "Laura Gómez Lacueva: "Me siento súper agradecida y feliz de ser aragonesa"" (en castelán). Consultado o 2022-01-10. 
  26. Press, Europa (2021-08-06). "Antonio Resines, Eva Ugarte y Laura Gómez-Lacueva recogerán su premio en el 18º Festival de Cine de Tarazona". Consultado o 2022-09-05. 
  27. Press, Europa (2022-05-03). "Charo López, Gonzalo Suárez, Alberto Castrillo y Laura Gómez, premiados en el Festival de Cine de La Almunia". Consultado o 2022-09-05. 
  28. Almunia, Comunicación Ayuntamiento La (2022-05-03). "El Festival de Cine de La Almunia premia a Charo López, Gonzalo Suárez, Alberto Castrillo-Ferrer y Laura Gómez-Lacueva en su 26ª edición" (en castelán). Consultado o 2022-09-05. 
  29. "XI Premios Simón del cine aragonés. Mejor intérprete femenina". 
  30. M, R. L. (2022-11-05). "Fuentes de Ebro celebra por todo lo alto su fiesta del cine" (en castelán). Consultado o 2022-11-06. 
  31. "Palmarés del Festival de Tarazona 2022. Laura Gómez-Lacueva premio a la mejor actriz por Plastic Killer.". Consultado o 6 de septiembre de 2022. 
  32. "Laura Gómez-Lacueva y Enric Auquer, mejores intérpretes en el Festival Ibérico de Cine". Consultado o 6 de septiembre de 2022. 
  33. Aragón, Heraldo de. "La actriz aragonesa Laura Gómez-Lacueva, dama de honor de Las Alfonsadas 2022 de Calatayud" (en castelán). Consultado o 2022-09-19. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]