Latón
O latón[1] é unha aliaxe de cobre e cinc. As proporcións de cobre e cinc poden variar para crear unha variedade de latóns con propiedades diversas.[2] Nos latóns industriais a porcentaxe de cinc mantense sempre inferior ó 50%. A súa composición inflúe nas características mecánicas, a fusibilidade e a capacidade de conformación por fundición, forxa, troquelado e mecanizado.[3] En frío, os lingotes obtidos poden transformarse en laxes de diferentes espesores, varelas ou cortarse en tiras susceptibles de estirárense para fabricar arames. A súa densidade tamén depende da súa composición. En xeral, a densidade do latón rolda entre 8,4 g/cm³ e 8,7 g/cm³.[4] O seu punto de fusión está entre os 900 e os 940 °C, dependendo da composición.
No presente, case o 90% do latón é reciclado.[5] Aínda que o bronce é unha aliaxe de cobre con estaño,[6] algúns tipos de latóns denomínanse 'bronces'.[7] O latón é unha aliaxe que se utiliza para decoración debido a que o seu brillo dá un aspecto similar ó do ouro, para aplicacións en que se require baixa fricción, como fechaduras e válvulas, para fontanaría e aplicacións eléctricas, e, cumpridamente, en instrumentos musicais como trompetas e campás, ademais de pratos de baixo custo polas súas propiedades acústicas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para latón.
- ↑ Engineering Designer 30(3): 6–9, maio-xuño de 2004
- ↑ Frederick James Camm (1949). Newnes Engineer's Reference Book. George Newnes. p. 594.
- ↑ Walker, Roger. Density of Materials, ed. "Mass, Weight, Density or Specific Gravity of Different Metals". United Kingdom: SImetric.co.uk. Consultado o 9 de xaneiro de 2009.
brass – casting, 8400–8700... brass – rolled and drawn, 8430–8730
- ↑ M. F. Ashby; Kara Johnson (2002). Materials and design: the art and science of material selection in product design. Butterworth-Heinemann. pp. 223–. ISBN 978-0-7506-5554-5. Consultado o 12 de maio de 2011.
- ↑ Machinery Handbook, Industrial Press Inc, New York, Edition 24, p. 501
- ↑ Bearings and bearing metals. The Industrial Press. 1921. p. 29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Latón |