Lathgertha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lathgertha
Lathgertha by Morris Meredith Williams.png
NacementoI milenioxuliano
Falecementoséculo IX
NacionalidadeSuecia
EtniaNorsemen
Ocupaciónexploradora e Skjaldmö
CónxuxeRagnar Lodbrok
FillosBjörn Ironside
editar datos en Wikidata ]

Ladgerda ou Lathgertha foi unha skjaldmö, semilendaria guerreira viquinga de Dinamarca, que segundo algunhas fontes e sagas nórdicas era unha das esposas do lendario caudillo Ragnar Lodbrok.

A lenda[editar | editar a fonte]

Segundo Xesta Danorum, de Saxo Grammaticus, era unha guerreira e recoñecida valquiria, esposa de Ragnar Lodbrok. A súa carreira bélica iníciase cando Frodo, un caudillo tribal dos suiones, invadiu Noruega e matou a un jarl cara ao ano 840. Frodo anunciou que as mulleres da familia do jarl debían formar parte dun bordel. Ragnar Lodbrok foi a batallar contra Frodo co seu exército, moitas mulleres ataviáronse como homes e escaparon cara ao campamento de Ragnar para evitar a humillación, algunhas se situaron para loitar xunto aos homes.

Ragnar Lodbrok[editar | editar a fonte]

Lathgertha uniuse ás forzas de Ragnar para loitar en combate, deixando unha gran impresión no caudillo viquingo:

Ladgerda, unha sorprendente e preparada skjaldmö quen, como muller, tivo a coraxe dun home, loitando á fronte entre os máis valorosos, co seu longo cabelo sobre os ombreiros. Todos se sorprendían das súas insuperables fazañas, a súa espada sobre a cabeza traizoáballe a súa condición como muller.[1]

Impresionado polo seu valor, Ragnar cortexouna. Lathgertha finxiu interese pero cando Ragnar foi a pedir a súa man, atopouse cun oso e un gran can protexendo a morada. Ragnar matou o oso coa súa lanza e deixou ao can ferido de morte, e así gañou a man de Lathgertha.[2] Ningunha fonte aclara si ambos tiveron descendencia, aínda que Ragnar tivo polo menos sete fillos.

Divorcio e alianza militar[editar | editar a fonte]

Tras o seu regreso de Dinamarca, onde loitara nunha guerra civil, Ragnar estaba molesto tras loitar contra bestas e divorciouse de Lathgertha, buscando o favor dunha nova princesa sueca Thora. Ragnar viaxou a Suecia para conseguir a man do seu novo amor, que conseguiu tras algunhas aventuras, pero ao seu regreso a Dinamarca seguiron as disputas da guerra civil. Ragnar non tiña apoios suficientes e buscou alianzas en Vestfold e Angeln. Aparentemente Lathgertha aínda mantiña certa debilidade por Ragnar, e foi a Dinamarca na súa axuda, acompañada do seu novo marido e fillo, cunha frota de 120 naves:

<…>con gran vitalidade en contradición coa pequena marxe da súa oferta, espertou o amorne da vacilante soldadesca por unha espléndida mostra de valentía. Ela literalmente voou ao redor da retagarda do inimigo desprevido nunha manobra de círculos e levando ao pánico ao campamento dos seus adversarios.[3]

A coñecida como batalla de Laneus foi moi dura. No apoxeo da batalla, Siward, un dos fillos de Ragnar foi ferido e caeu en combate, provocando o desconcerto entre as súas filas. Nese momento clave, Lathgertha atacou, perseguindo e axexando ao inimigo.

Tras o seu regreso a Noruega, púxose a mal co seu marido e matouno cunha lanza que gardaba entre as súas pezas, usurpando a súa poder como jarl, segundo Xesta Danorum:

<…>para esta presuntuosa dama pareceulle máis agradable gobernar sen o seu marido que compartir o trono con el.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gesta Danorum (Libro 9)". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  2. The viking Age (2010), ed. A.A. Sommerville / R.A. McDonald, University of Toronto Press, ISBN 978-1-44260-148-2 p. 136.
  3. "El relatro de los hijos de Ragnar, trad. de Tunstall en Northvegr.org". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2018.