Latgale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLatgale
Latgola (ltg) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 56°31′21″N 27°01′57″L / 56.5225, 27.0324Coordenadas: 56°31′21″N 27°01′57″L / 56.5225, 27.0324
EstadoLetonia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación251.503 (2021) Editar o valor em Wikidata (17,29 hab./km²)
Lingua oficiallingua letoa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie14.547 km² Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina weblatgale.lv Editar o valor em Wikidata

Latgale, tamén coñecida polo nome latinizado de Lategalia, Latgalia ou Letgalia (en idioma latgaliá: Latgola) é unha das catro rexións históricas e culturais de Letonia que recoñece a Constitución letoa. Mais hoxe en día non exerce funcións administrativas, soamente funcións estatísticas e de recollida pública de datos. É a rexión máis oriental ao norte do río Daugava. O río sepáraa de Zemgale e esta limitada ao norte por Vidzeme. Ten unha superficie de 14.600 km², que representa o 22% de Letonia.

Historia[editar | editar a fonte]

Latgale, bautizada así polas tribos bálticas latgaliás, foi parte da Inflantia Polaca, Inflantia que é a variación do nome polaco dado a Livonia, coñecida máis oficialmente como Voivodato da Livonia. Posteriormente no Imperio Ruso foi designada como a Gobernatura de Vitebsk.[1]

Mentres que a maioría da poboación letoa é maioritariamente de relixión protestante (luterana) en Latgale predomina a fe católica, seguida da ortodoxa, por influencias polacas e rusas. Esta tradición tiña influencia incluso no patrón de propiedade da terra, a rexión era menos minifundista que as rexións veciñas e aquí a servidume aboliuse moito máis tarde que no resto da actual Letonia. Os campesiños non adoitaban vivir en granxas familiares, como era costume nas terras ao oeste e nas rexións bálticas veciñas, senón en vilas arrodeadas por leiras comunais, divididas por sectores, ao igual que os campesiños en Rusia. Tamén obsérvanse cruces e pequenos santuarios nos camiños, ao estilo católico polaco ou lituano, e influencias eslávicas nos cemiterios, coma cruces teitadas.

Na devandita rexión existe unha gran poboación de etnia rusa, especialmente na cidade de Daugavpils, onde ata a minoría polaca é tan abundante como os cidadáns letóns, a cidade máis poboada da rexión. Krāslava, e Ludza son outras cidades grandes da rexión, cunha importante minoría belarusa. Durante a Gobernatura de Vitebsk a poboación xudía era moi significativa, pero moitos foron vítimas do Holocausto ou emigraron.

Esta rexión é unha das máis pobres e rurais da Unión Europea e ao contrario que o resto de Letonia a maioría da poboación votou contra a adhesión á Unión Europea no referendo organizado para a toma da decisión.

A lingua latgaliá é un idioma cunha tradición literaria diferenciada do letón, tamén considerada a "forma histórica" do letón é comprensíbel polos letóns nun 70%. Durante o censo de 2011, aproximadamente 165.000 persoas declararon coñecemento do latgaliá. A lingua é empregada acotío na rexión e polos seus habitantes cando asentan noutras partes do país, mais a lingua perde falantes anualmente e está considerada en perigo. A lingua rexional non se ensina nas escolas.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

A data de 2 de decembro de 2023 tiña 255,627 habitantes. Os datos estatísticos por distritos son:[3]

Augšdaugavas 25,927
Balvu 19,015
Daugavpils 80,627
Krāslavas 21,459
Līvānu 10,636
Ludzas 21,777
Preiļu 16,759
Rēzekne 26,839
Rēzeknes 32,588

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historic Places: Yoiimi 2 Nortiiirn Liuropi". Scribd (en inglés). Consultado o 2023-12-03. 
  2. "Latgalian". languagesindanger.eu (en inglés). Consultado o 2023-12-03. 
  3. "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-03.