Fragua Social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fragua Social foi un xornal editado pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) na rexión de Valencia entre 1936 e 1939.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En xullo de 1936, milicianos valenciáns incautaron o diario Las Provincias e nos seus talleres imprimiron, o inicialmente unitario, Fragua Social,[1] que posteriormente quedaría como órgano da CNT en Valencia. O xornal tratou de ser algo máis que un rotativo sindical acompañando as opinións con informacións xerais, espectáculos e caricaturas de Vas e Muro. O seu director foi Manuel Villar Mingo.

En 1939, deixou de se editar, e só reapareceu de xeito clandestino en 1944 editado por Ramón Rufat pasando a ser semanario e chegando aos 6.000 exemplares de tirada entre 1944 e 1946. Posteriormente, seguiuse editando mais sen continuidade, con varias interrupcións e reaparicións.

Trala morte de Francisco Franco, volveu saír en 1976 (Alacant e Valencia) como portavoz rexional de CNT do País Valenciano, chegando a 25 números até 1980, data na que foi autodisuelto tralas divisións internas entre CNT-Renovada (actual CGT, Confederación General del Trabajo) e a CNT-Histórica (actual CNT-AIT). De novo, volveu editarse entre 1994 e 1999, con 30 números. Como portavoz da CNT acadou máis de 800 números e tivo unha tirada de 40.000 exemplares. Entre os seus redactores figuraron Jesús Muro, Félix Paredes, Enrique López Alarcón, Gastón Leval, Juan López, etc.

No ano 2006, a CGT en Valencia recuperou o nome da cabeceira, editando dous boletíns en papel. A partir de 2016, a Rexional de Levante da CNT-AIT continuou coa VIª época.[2]

En América[editar | editar a fonte]

Tamén, en 1963, apareceu un xornal homónimo en Caracas, portavoz da CNT reunificada de Venezuela que apenas chegou ós 3 números.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PRENSA DE LA CNT PRESUME DE QUE UN MILICIANO HA ASESINADO A UN SACERDOTE. 1936". memoriarepublicana.com (en castelán). 01-02-2016. Consultado o 20-04-2019. 
  2. "Fragua Social". Confederación regional de Levante CNT/AIT (en castelán). Consultado o 20-04-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Fragua Social no Catálogo Colectivo de la Red de Bibliotecas de los Archivos Estatales (MECD).